“Es­ta fes­ta ten moi­ta fo­za, é moi que­ri­da por to­dos os fo­cen­ses e trae moi­tos re­cor­dos”

O re­xe­dor lo­cal com­bi­na nes­tas fes­tas o seu pa­pel co­mo má­xi­ma au­to­ri­da­de lo­cal co dis­fru­te fa­mi­liar e en­tre ami­gos

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Entrevista - Javier Jor­ge Cas­ti­ñei­ra, al­cal­de do Con­ce­llo de Foz

O pa­sa­do sá­ba­do, pre­sen­tá­ba­se no Ce­ni­ma de Foz bai­xo a pro­du­ción de Juan Car­los Fer­nán­dez Pulpeiro un do­cu­men­tal co tí­tu­lo Fes­ta dos ma­ri­ñei­ros, “un re­cor­do ro­da­do en for­ma­to ci­ne­ma­to­grá­fi­co 16 mi­ló­me­tros das Fes­tas do Car­me do ano 1977. A ver­da­de é que é dos vi­deos an­ti­gos que de­mos­tran que es­ta fes­ta ten moi­ta for­za, é moi que­ri­da por to­dos os fo­cen­ses e trae moi­tos re­cor­dos. É un­ha das fes­tas que lem­bra o no­so pa­sa­do, non moi lon­xano, se­nón bas­tan­te re­cen­te, dun po­bo ma­ri­ñei­ro e pes­quei­ro e no que o ba­rrio ma­ri­ñei­ro, máis to­do Foz, o ce­le­bran de for­ma moi fa­mi­liar, en­tra­ña­ble. A sim­bo­lo­xía da Vir­xe do Car­me une ás fa­mi­lias, que é im­por­tan­te”, si­na­la o re­xe­dor lo­cal fo­cen­se Javier Jor­ge Cas­ti­ñei­ra, apun­tan­do que “moi­ta xen­te que ten se­gun­da re­si­den­cia en Foz ce­le­bra o Car­me tan­to co­mo os do po­bo. Fa­lo de xen­te que le­va moi­tos anos vindo aquí”. “A mo­do de anéc­do­ta, di­me al­gún ‘ain­da non na­ce­ras ti e eu xa ve­ra­nea­ba en Foz’. Al­gún veraneante gá­ña­me en fo­cen­se!”, con­fe­sa so­rrin­do. A ni­vel per­so­nal, ten al­gún ven­ce­llo co mun­do do mar a súa fa­mi­lia? Meu avó, Suso Cas­ti­ñei­ra, Suso da Ra­ma­lla­da de apo­do, foi du­ran­te ca­se 25 anos pa­trón maior da Con­fra­ría de Pes­ca­do­res de Foz, nos anos 80 e 90. Dá­se a coin­ci­den­cia de que el é tío do pre­goei­ro das fes­tas ac­tual, Suso Cas­ti­ñei­ra, quen bo­tou ta­mén anos or­ga­ni­zan­do tan­to as fes­tas do Car­me co­mo as de San Lou­ren­zo. Ten moi­to mé­ri­to a xen­te que es­tá de­trás da or­ga­ni­za­ción das fes­tas. Sem­pre me­re­cen un re­co­ñe­men­to por esa súa la­bor que non é fá­cil. Ho­xe en día, me­re­cen to­do o res­pec­to, o má­xi­mo, e so­bre to­do o di­go por­que a ve­ces hai xen­te que fai víncu­los po­lí­ti­cos coa fes­ta e coa co­mi­sión. Eu di­go que non se ol­vi­den en xe­ne­ral co­mer­cian­tes e hos­ta­le­ría que o Con­ce­llo de Foz sen fes­tas non se­ría o que é ago­ra nin te­ría o tu­ris­mo e a ac­ti­vi­da­de que ten. O Con­ce­llo co­la­bo­ra coas co­mi­sións pe­ro hai que en­ten­der que ten que ha­ber un­ha co­mi­sión, pa­ra ser in­de­pen­dien­tes. Non é nor­mal que o Con­ce­llo te­ña que or­ga­ni­zar as fes­tas. E sem­pre é ne­ce­sa­rio que ta­mén lles axu­de o po­bo en xe­ne­ral, es­pe­cial­men­te hos­ta­le­ría e co­mer­cios que son os que se van be­ne­fi­ciar. To­do o que se fai en Foz é pa­ra o po­bo de Foz. Aquí o tu­ris­mo xe­ne­ra cer­ca de 50 mi­llóns de eu­ros. Un cálcu­lo tan fá­cil de fa­cer co­mo que son cen días de ve­rán, a 25.000 per­so­nas ca­da día son dous mi­llóns e me­dio de per­so­nas gas­tan­do en con­su­mos dia­rios. Son ci­fras pa­ra ter en con­ta. Se o tu­ris­ta es­tá con­ten­to e vi­ve con­ten­to vai dei­xar aquí os car­tos, vai se­guir vindo a Foz e se­guir gas­tan­do. Ade­mais o po­bo ten que es­tar bo­ni­to. Ten que es­tar de ga­la eses cen días. Por iso, de­be­mos ser to­dos sen­si­bles co coida­do do me­dioam­bien­te, a lim­pe­za, re­co­llen­do os ex­cre­men­tos dos cans, os ba­res non po­den ti­rar a basura a cal­que­ra ho­ra... Cal é o mo­men­to das Fes­tas do Car­me de Foz que máis o emo­cio­na? -Pa­ra min é o mo­men­to da Sal­ve na igle­sia, can­do me lem­bro moi­to de meu avó, que se emo­cio­na­ba ca­da vez que soa­ba a Sal­ve. Sem­pre vi­ña emo­cio­na­do, di­cía­me sen­do eu un neno. Ain­da que eu che­gue co­mo má­xi­ma au­to­ri­da­de lo­cal lém­bro­me do que me di­cía el. Co­mo ve es­ta fes­ta, ho­xe en día? Pen­so que es­tá a vi­vir un bo mo­men­to a Fes­ta do Car­me. Pe­ro, es­pe­cial­men­te, que­ro fa­cer fin­ca­pé no tra­ba­llo da Co­fra­día Vir­xe do Car­me da que for­ma par­te Suso Cas­ti­ñei­ra, da que el é un pi­lar, e que­ro fa­cer aquí un re­co­ñe­ce­men­to a el por fa­cer a fes­ta e por co­la­bo­rar den­tro da or­ga­ni­za­ción da pro­ce­sión. Ta­mén ou­tro a Sem­pre Foz, que é un­ha aso­cia­ción sem­pre aber­ta a fa­cer cou­sas. To­do o mun­do que que­re bo­tar un­ha man, teno posible; por iso man­do ou­tra men­sa­xe, de máis im­pli­ca­ción con eles. Ta­mén hai xen­te co­ma Án­xel Paleo que le­va anos or­ga­ni­zan­do fes­tas e aín­da que ten as cou­sas cla­ras sem­pre se ne­ce­si­ta co­la­bo­ra­ción. A da Fes­ta Nor­man­da é ou­tra co­mi­sión de fes­tas ex­tra­or­di­na­ria. Pe­ro, in­sis­to, é be­ne­fi­cio­so ese tra­ba­llo en pa­ra­le­lo co Con­ce­llo de Foz pa­ra que a fes­ta se­xa in­de­pen­dien­te. O Con­ce­llo es­tá con to­dos eles. Sen em­bar­go, fai fa­lla máis im­pli­ca­ción, axu­da e un pou­co de von­ta­de. Ao fío dis­to, lém­bro­me do que fo­ra al­cal­de de Foz, Pan­cho Mar­tí­nez, que un ano non fi­xe­ra fes­ta por fal­ta de co­mi­sión e a xen­te non se to­ma­ra a ben que ese ano non hou­be­ra fes­tas, pe­ro o fei­to foi que des­pois... si hou­bo 40 anos se­gui­dos de fes­tas!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.