Pa­so a pa­so, ver­so a ver­so

Un per­co­rri­do po­la Te­rra Chá per­mi­te ato­par lu­ga­res ci­ta­dos por poe­tas da co­mar­ca

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Literatura - X.M.PA­LA­CIOS

A Te­rra Chá ten moi­to que ver, con­tar e can­tar. Se al­guén o pon en dú­bi­da, abón­da­lle con ler o limiar es­cri­to por Án­xel Fo­le pa­ra Te­rra Chá, co­ñe­ci­do li­bro de Ma­nuel Ma­ría, no que se ex­pre­sa xus­ta­me­ne esa idea. O que per­co­rra a co­mar­ca e as súas «chai­ras gri­ses, len­to­re­ci­das» po­de­rá des­cu­brir, pois, esa ri­que­za; pe­ro non lle vi­rá mal, a xei­to de GPS, le­var can­da el, ou mes­mo den­tro del, al­gún co­ñe­ce­men­to ad­qui­ri­do nos moi­tos poe­tas chai­re­gos.

Con­vén ter pre­sen­te al­go que es­cri­be Fo­le no de­van­di­to limiar: «Sa­bi­do é, den­de moi ve­llo, que o tem­po dos ríos cón­ta­se en lé­goas, e non en anos». Cap­ta­da esa men­sa­xe, o via­xei­ro xa po­de­rá en­ten­der me­llor os tra­zos da pai­sa­xe chai­re­ga. Se se co­me­za o per­co­rri­do po­lo les­te, en Pa­cios (Cas­tro de Rei) ató­pa­se o carballo de Lu­xís, can­ta­do por Xo­sé Cre­cen­te Ve­ga (18961948) nun poe­ma no que tan­to hai des­cri­cións con cer­ta ad­mi­ra­ción («É un carballo abó de cen­tos de anos/ abri­go e ho­nor da ca­sa de Lu­xís./ É un dos mi­llor fei­tos e máis sa­nos e máis gran­des que me­dran no país.») co­mo avi­sos pa­ra o fu­tu­ro («Se­gun­do o res­pec­ta­ron vo­sos pais, / así que­ro ta­mén que o res­pe­te­des./ Non se lle cor­tou ca­na en­de­xa­mais./ Nun­ca es­mou­ca­do foi. Non o es­mou­que­des.»).

Os car­ba­llos, ár­bo­res con­cre­tas dun de­ter­mi­na­do lu­gar, ta­mén ins­pi­ra­ron ao vilalbés Xo­sé Ma­ría Chao Le­do (1844-1894), can­tor da vei­ga do Tri­maz: «Tar­da­de, ni­ño de amo­res,/ on­de a pom­ba des­can­sa/ do­ce e man­sa/ co ra­ma­lli­ño da paz/ en­tre es­cu­ras car­ba­llei­ras, /ca­bo das le­das ri­bei­ras/ que lam­be o fon­do Tri­maz».

Se o pa­sean­te, tras vi­si­tar as bei­ras do Tri­maz, se ache­ga a Vi­lal­ba, dous lu­ga­res son me­re­cen­tes do seu in­tere­se: por un­ha ban­da, a Por­ta de Ci­ma, on­de na­ceu a es­cri­to­ra Car­mi­ña Prie­to Rou­co e on­de os tra­ba­llos dos úl­ti­mos anos, in­cluí­dos na me­llo­ra da zo­na ve­lla, se re­flic­ten na co­lo­ca­ción de tex­tos de au­to­res chai­re­gos co­mo no­vos ele­men­tos da pai­sa­xe ur­ba­na; por ou­tra, o trei­to do Mag­da­le­na pre­to do Muí­ño do Ra­ñe­go, pou­co an­tes de xun­tar­se co Tri­maz, ten cu­rio­sas de­di­ca­to­rias den­de hai anos: por ini­cia­ti­va da Aso­cia­ción Cul­tu­ral Xer­mo­los e da Ir­man­da­de Ma­nuel Ma­ría, a es­cri­to­res da co­mar­ca ou con ven­ce­llos chai­re­gos de­di­cá­ron­se­lles os Hec­tó­me­tros Li­te­ra­rios.

Con­ti­nuan­do ca­ra ao oes­te, o ca­mi­ñan­te po­de sen­tir le­di­cia no am­bien­te: «Po­los días do Car­mio a festa che­ga ó río./ Un­ha mú­si­ca ar­den­te vén no ai­re co­ma un río/ de re­cor­dos. Fo­gue­tes lon­xa­nos cain no río./ Es­te é o Por­to-Muí­ño, to­do en la­pas o río.». Así co­me­za Vés­pe­ras, un dos poe­mas de Nim­bos, de Xo­sé Ma­ría Díaz Cas­tro (1914-1990, no que as re­fe­ren­cias á pa­rro­quia do Bu­riz son co­ñe­ci­das pa­ra os ve­ci­ños da zo­na.

As pe­ga­das do poe­ta ho­me­na­xea­do no Día das Le­tras Ga­le­gas do 2014 son máis evi­den­tes nos úl­ti­mos tem­pos po­los es­for­zos de ins­ti­tu­cións pú­bli­cas e pri­va­das. De fei­to, a Gui­ti­riz des­prá­zan­se ex­cur­sións, con es­tu­dan­tes en moi­tos ca­sos, pa­ra co­ñe­cer lu­ga­res aso­cia­dos coa vi­da e coa obra do es­cri­tor.

Per­co­rren­do a co­mar­ca é im­po­si­ble non ato­par al­gún dos seus moi­tos ríos, al­gúns dos ca­les fo­ron ci­ta­dos por Ma­nuel Ma­ría (1929-2004) nun poe­ma de Te­rra Chá: «O Azú­ma­ra, o Lea, o An­llo, o Mi­ño/ atra­ve­san to­da a Te­rra Chá/ cun pa­so tan len­to e ca­la­di­ño/ que aper­ta o co­ra­zón coa soe­dá». E se no co­me­zo ou no re­ma­te da via­xe se que­re ver a co­mar­ca den­de os mon­tes que a pe­chan, de no­vo a poe­sía axu­da­rá a en­ten­der o te­rri­to­rio: «Olla­da a Te­rra Chá den­de as al­tu­ras/ é se­me­llan­te a un mar en cal­ma./ Pra me­di­la só va­len dúas men­su­ras: ¡fe­rra­dos de co­ra­zón, fa­ne­gas de al­ma!». Pa­la­bra de Ma­nuel Ma­ría.

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

Vis­ta do carballo de Lu­xís, en Pa­cios (Cas­tro de Rei)

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.