«A bu­ro­cra­cia é un pro­ble­ma»

Rodríguez con­si­de­ra a ma­dei­ra co­mo un sec­tor es­tra­té­xi­co pa­ra o mun­do ru­ral ga­le­go

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Madera Y Forestal - LUIS CON­DE

Apre­si­den­ta da Aso­cia­ción de Em­pre­sa­rios de Pri­mei­ra Trans­for­ma­ción da Ma­dei­ra, Nu­ria Rodríguez, ana­li­za a si­tua­ción que atra­ve­sa o sec­tor na pro­vin­cia.

—¿Can­do na­ce a aso­cia­ción?

—A aso­cia­ción cons­ti­túe­se o 26 de maio de 1977. Vén de cum­prir o seu 40 aniver­sa­rio. In­té­gra­na 264 em­pre­sas do sec­tor.

—¿Con que ob­xec­ti­vo?

—Os ob­xec­ti­vos son a de­fen­sa dos in­tere­ses das em­pre­sas aso­cia­das e co­mo con­se­cuen­cia a de­fen­sa do sec­tor fo­res­tal. Co cum­pri­men­to des­tes ob­xec­ti­vos aca­dou­se que o sec­tor evo­lu­cio­na­se e me­llo­ra­se en moi­tos as­pec­tos, co­mo po­de ser a me­ca­ni­za­ción, a for­ma­ción, a se­gu­ri­da­de e a saú­de dos tra­ba­lla­do­xe­ra res, en­tre ou­tros.

—¿Go­za de saú­de o sec­tor?

—É un sec­tor es­tra­té­xi­co pa­ra o ru­ral ga­le­go. É im­pres­cin­di­ble pa­ra o cam­bio que a so­cie­da­de es­tá re­cla­man­do, pa­ra a sus­ten­ta­bi­li­da­de, pa­ra con­tra­rres­tar o cam­bio cli­má­ti­co e pa­ra a de­pu­ra­ción das au­gas. So­mos cla­ves pa­ra a eco­no­mía cir­cu­lar, e a bio­eco­no­mía, en de­fi­ni­ti­va, so­mos o sec­tor do sécu­lo XXI. Un­ha das pri­mei­ras ac­cións a desen­vol­ver é dar a co­ñe­cer á so­cie­da­de en xe­ral os be­ne­fi­cios eco­nó­mi­cos, so­ciais e am­bien­tais que xe­ra o sec­tor en Ga­li­cia.

—¿Can­ta xen­te vi­ve do sec­tor?

—Na pro­vin­cia de Lu­go apro­xi­ma­da­men­te ocú­pan­se 11.000 per­soas no sec­tor, 3.000 postos di­rec­tos e 7.000 in­di­rec­tos. Por ou­tra ban­da, o sec­tor fo­res­tal en Lu­go un vo­lu­me de ne­go­cio de 800 mi­llóns de eu­ros.

—¿Co­mo in­fluíu a on­da de in­cen­dios na ac­ti­vi­da­de?

—O sec­tor su­fre can­do hai in­cen­dios, por­que per­des o máis ne­ce­sa­rio pa­ra to­da a in­dus­tria ma­dei­rei­ra que é o re­cur­so de ca­li­da­de do que se abas­te­ce to­da a ca­dea do sec­tor fo­res­tal. En Lu­go, da­do que os in­cen­dios afec­ta­ron prin­ci­pal­men­te a zo­nas de mon­te bai­xo, o im­pac­to no sec­tor foi me­nor ca nou­tras pro­vin­cias, on­de a día de ho­xe, aín­da se es­tá a cor­tar ma­dei­ra quei­ma­da dos montes.

—¿Co­mo se evi­tan os in­cen­dios?

—A so­lu­ción non é fá­cil nin úni­ca pro­ba­ble­men­te, pe­ro pasa ne­ce­sa­ria­men­te por que o apro­vei­ta­men­to fo­res­tal se­xa ren­di­ble e ache­gue un­ha ren­di­bi­li­da­de eco­nó­mi­ca pa­ra o pro­pie­ta­rio fo­res­tal, que ve­la­rá po­la lim­pe­za dos seus montes e xes­tio­na­rá ac­ti­va­men­te os mes­mos que se trans­for­ma­rá na me­llor fe­rra­men­ta de pre­ven­ción de in­cen­dios fo­res­tais.

—¿Cal é a pro­ble­má­ti­ca do sec­tor ma­dei­rei­ro?

—O prin­ci­pal pro­ble­ma é a car­ga bu­ro­crá­ti­ca e o ex­ce­so de nor­ma­ti­va que di­rec­ta­men­te in­ter­fi­re no mes­mo e que in­flúe mer­man­do a súa po­ten­cia­li­da- de. Por ou­tra ban­da, exis­te un­ha le­xis­la­ción me­dioam­bien­tal e que es­tá en pro­ce­so de apro­ba­ción, que en oca­sións non en­ten­de de­bi­da­men­te ó sec­tor fo­res­tal, e que en­fron­ta a con­ser­va­ción e a pro­du­ción, can­do a exis­ten­cia das dúas li­ñas é ne­ce­sa­ria e po­si­ble, non exis­tin­do es­ta fal­sa di­co­to­mía, se­nón máis ben a com­ple­men­ta­ción en­tre am­bas as dúas. Ou­tro pro­ble­ma é o mi­ni­fun­dio, que di­fi­cul­ta a me­ca­ni­za­ción do sec­tor e mer­ma a com­pe­ti­ti­vi­da­de do mes­mo. Po­lo tan­to a me­llo­ra da es­tru­tu­ra da pro­pie­da­de é fun­da­men­tal pa­ra a me­llo­ra do sec­tor.

—Fá­le­nos de proxectos.

—Se­guir ao pé do aso­cia­do na so­lu­ción de pro­ble­mas, e bus­can­do a me­llo­ra do sec­tor fo­res­tal e im­plan­tar a cul­tu­ra da ma­dei­ra na so­cie­da­de.

Nu­ria Rodríguez Arias

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.