“Nes­ta con­vo­ca­to­ria ti­ve­mos 36 so­li­ci­tu­des de axu­da”

Ele­na Martínez xe­ren­te do GDR Te­rras de Mi­ran­da

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Noticias -

A co­me­zos do mes de agos­to de­ron a co­ñe­cer os pro­xec­tos que se sub­ven­cio­na­rán a tra­vés do Pro­gra­ma Leader du­ran­te a con­vo­ca­to­ria 2018-2019, ¿a can­to as­cen­de a con­tía glo­bal que se in­ves­ti­rá no seu fi­nan­cia­men­to?

A cuan­tía das sub­ven­cións as­cen­de a 692.510 eu­ros.

Den­tro dos pro­xec­tos ta­mén fi­gu­ra un de for­ma­ción ....

Si, con­cre­ta­men­te un de apli­ca­dor/ ma­ni­pu­la­dor de pro­du­tos fi­to­sa­ni­ta­rios que per­mi­ti­rá ob­ter o car­net a to­dos aque­les que o reali­cen. Fa­ran­se dous cur­sos no mes de ou­tu­bro, un en Ba­rrei­ros e ou­tro en Xo­ve.

¿Por que se de­can­ta­ron en con­cre­to por ese cur­so?

Es­te é un cur­so moi de­man­da­do no te­rri­to­rio, cun­ha gran lis­ta de re­ser­va dou­tros que se rea­li­za­ron an­te­rior­men­te e as per­soas que o rea­li­zan te­ñen que pa­ga­lo, ex­cep­to nes­te ca­so que é gra­tuí­to. O sec­tor pri­ma­rio é prio­ri­ta­rio den­tro da no­sa es­tra­te­xia, po­lo que se creu con­vin­te em­pe­zar por aquí, aín­da que hai pre­vi­sión de se­guir rea­li­zan­do cur­sos pa­ra o sec­tor fo­res­tal, o sec­tor tu­rís­ti­co e in­clu­so al­gún que de­man­de a par­te em­pre­sa­rial, máis es­pe­cia­li­za­dos, si hai ne­ce­si­da­de dos mes­mos no mer­ca­do la­bo­ral.

¿Can­tos dos pro­xec­tos son produtivos e can­tos non produtivos?

Sub­ven­cio­na­mos nes­ta con­vo­ca­to­ria un to­tal de 10 pro­xec­tos: cin­co produtivos re­la­cio­na­dos dous co sec­tor tu­rís­ti­co e tres em­pre­sa­riais e cin­co non produtivos, dous de en­ti­da­des pri­va­das e tres de en­ti­da­des pú­bli­cas.

A crea­ción de ser­vi­zos re­la­cio­na­dos coa hos­ta­le­ría e co sec­tor do tu­ris­mo se­guen co­pan­do boa par­te das sub­ven­cións do Leader. ¿A que o atri­búe?

Por un la­do, pen­so que os pro­mo­to­res son cons­cien­tes do po­ten­cial da Ma­ri­ña no que res­pec­ta a es­te sec­tor e apos­tan por po­ñer en mar­cha un­ha ac­ti­vi­da­de em­pre­sa­rial e por ou­tro la­do que o Leader é ac­tual­men­te o úni­co que sub­ven­cio­na a crea­ción de no­vas pra­zas de alo­xa­men­to xun­to co GALP, hai ou­tras axu­das com­ple­men­ta­rias pe­ro son pa­ra in­ves­ti­men­tos que con­le­ven un au­men­to de ca­te­go­ría, pa­ra eli­mi­na­ción de ba­rrei­ras ar­qui­tec­tó­ni­cas, etc…

¿Co­mo va­lo­ra a par­ti­ci­pa­ción de co­lec­ti­vos ou en­ti­da­des con fins so­ciais nes­ta con­vo­ca­to­ria de axu­das?

Nes­ta con­vo­ca­to­ria pre­sen­tá­ron­se pou­cos pro­xec­tos de en­ti­da­des pri­va­das con fins so­ciais pe­ro ta­mén é cer­to que al­gun­has pre­sen­ta­ron na con­vo­ca­to­ria an­te­rior e es­ta­ban en lis­ta de agar­da, de fei­to un­ha das que con­se­guiu sub­ven­ción era da con­vo­ca­to­ria pa­sa­da pe­ro ti­ña boa pun­tua­ción.

¿Re­ci­bi­ron moi­tas so­li­ci­tu­des de axu­da nes­ta úl­ti­ma con­vo­ca­to­ria?

Nes­ta con­vo­ca­to­ria ti­ve­mos 36 so­li­ci­tu­des de axu­da, hai que pen­sar que ta­mén com­par­ti­mos un­ha par­te do te­rri­to­rio co GALP e am­bas en­ti­da­des de­ben com­ple­men­tar­se pa­ra che­gar a un maior nú­me­ro de pro­xec­tos e que os fon­dos se em­pre­guen da for­ma máis efi­cien­te po­si­ble pa­ra con­se­guir un des­en­ro­lo sos­ti­ble e equi­li­bra­do do te­rri­to­rio.

¿Que­da­ron moi­tas en lis­ta de agar­da pa­ra vin­dei­ras con­vo­ca­to­rias?

Pois exac­ta­men­te nos pro­xec­tos produtivos hai 19 en lis­ta de agar­da , nos non produtivos pú­bli­cos hai cin­co e nos non produtivos pri­va­dos hai tres, fa­cen­do en to­tal un im­por­te en axu­das que su­pera o 1.600.000€.

Fá­le­nos dos vin­dei­ros pra­zos, tan­to pa­ra ase­so­rar­se co­mo pa­ra pre­sen­tar so­li­ci­tu­de de in­for­ma­ción ou de axu­da e da­tas de re­so­lu­cións de­fi­ni­ti­vas...

Os pra­zos pa­ra a se­guin­te con­vo­ca­to­ria abri­rán pre­vi­si­ble­men­te a fi­nais de de­cem­bro, abre a con­vo­ca­to­ria AGA­DER po­lo que non po­do dar un­ha da­ta fi­xa e vai ata o 31 de mar­zo. Lo­go hai un­ha se­gun­da con­vo­ca­to­ria do 31 de mar­zo ata o 31 de maio. As re­so­lu­cións, por co­mo foi nes­tas con­vo­ca­to­rias pa­sa­das, fan­se no mes de se­tem­bro, in­da que os pro­mo­to­res xa es­tán avi­sa­dos en xu­llo ou agos­to de que o pro­xec­to en­tra co­mo sub­ven­cio­na­ble e o pra­zo de exe­cu­ción é o 15 de ou­tu­bro de ca­da anua­li­da­de, po­de so­li­ci­tar­se un­ha pe­que­na pró­rro­ga sem­pre que es­tea xus­ti­fi­ca­da.

Nes­ta se­gun­da con­vo­ca­to­ria de axu­das, ¿per­ci­be un maior asen­ta­men­to e co­ñe­ce­men­to do GDR Te­rras de Mi­ran­da no con­tex­to da co­mar­ca ma­ri­ñá?

Si, fí­xo­se un­ha gran di­fu­sión do pro­gra­ma no pri­mei­ro ano por to­dos os Con­ce­llos do te­rri­to­rio e non é o pri­mei­ro Leader que se xes­tio­na, con­cre­ta­men­te é o ter­cei­ro, o se­xa que le­va­mos 16 anos con pro­gra­mas Leader no te­rri­to­rio. De to­das for­mas é im­po­si­ble che­gar a to­dos, sem­pre se acer­ca xen­te á ofi­ci­na por­que aca­ba de en­te­rar­se de que hai es­tes pro­gra­mas e que­re sa­ber en que con­sis­te e que se sub­ven­cio­na, pe­ro en iso tra­ba­lla­mos ao longo de to­do o ano.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.