Ho­xe e ma­ñá. A Ma­ri­ña

ME­MO­RIAL HÉ­ROES DO OR­ZÁN

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial3 - - News -

Du­ran­te a fin de se­ma­na dis­pú­tan­se as dúas úl­ti­mas xor­na­das do tor­neo de fút­bol sa­la Hé­roes do Or­zán, que co­me­zou o mér­co­res coa par­ti­ci­pa­ción de se­ten­ta equi­pos de clubs Ga­li­cia, As­tu­rias, Ma­drid e Cas­te­la e León.

Ao lon­go do día, os pa­vi­llóns de Vis­ta Ale­gre e Mon­te Cas­te­lo de Bu­re­la, os pa­vi­llóns mu­ni­ci­pais de Vi­vei­ro e Xo­ve;, o da Vei­ga, en San Ci­brao e o Mar­tí­nez Ote­ro de Foz aco­llen as eli­mi­na­to­rias -cuar­tos e se­mi­fi­nais- das dis­tin­tas ca­te­go­rías en com­pe­ti­ción pre­ben­xa­mín, ben­xa­mín, ale­vín, in­fan­til, ca­de­te e xu­ve­nil, en ho­ra­rio de ma­ñá e tar­de. Os pri­mei­ros par­ti­dos co­me­za­rán a xo­gar­se a par­tir das 10:00 ho­ras.

As fi­nais dispu­taran­se ma­ñá no pa­vi­llón de Vis­ta Ale­gre. Os pre­ben­xa­míns inagu­ra­rán a xor­na­da ás 09:00 ho­ras, e pe­cha­ra­na os xu­ve­nís que dispu­tarán a fi­nal ás 14:00 ho­ras.. A en­tre­ga de tro­feos es­tá pre­vis­ta pa­ra as 15:00 ho­ras no mes­mo re­cin­to.

O Me­mo­rial, que es­te ano che­ga á súa sex­ta edi­ción, ren­de ho­me­na­xe a Jo­sé An­to­nio Vi­lla­mor Váz­quez, Ro­dri­go Ma­se­da Lozano e Ja­vier López López, os tres po­li­cías fa­le­ci­dos na praia do Or­zán en 2012 can­do ten­ta­ban res­ca­tar a un ra­paz que ta­mén mo­rreu no su­ce­so. A súa ac­tua­ción en ac­to de ser­vi­zo re­co­ñe­ceu­se co tí­tu­lo sím­bó­li­co de “Hé­roes de Or­zán”, que deu no­me ao tor­neo or­ga­ni­za­do po­la Fun­da­ción Im­de­cum.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.