Do 4-6 de xu­llo. Pan­tón

VI TOR­NEO RIBEIRA SA­CRA IN­TER­NA­CIO­NAL LA­DIES OPEN

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial3 - - News -

Mais de 140 xo­ga­do­ras de 29 paí­ses par­ti­ci­pa­rán nes­te tor­neo in­ter­na­cio­nal de golf fe­mi­nino que se ce­le­bra­rá no cam­po de golf de Au­gas San­tas, en Pan­tón, do mér­co­res ao ver­nes.Trá­ta­se do úni­co tor­neo do Cir­cuí­to Eu­ro­peo Fe­mi­nino que ten lu­gar en Es­pa­ña. A en­tra­da ás 3 xor­na­das de com­pe­ti­ción é to­tal­men­te gra­tuí­ta.

Se­rá a sex­ta edi­ción do tor­neo Ribeira Sa­cra Pa­tri­mo­nio de la Hu­ma­ni­da­de In­ter­na­cio­nal La­dies Open, e a oi­ta­va pa­ra­da do cir­cuí­to mundial LETAS (Let Ac­cess Se­ries) de golf, o cir­cuí­to de desen­vol­ve­men­to do Tour fe­mi­nino eu­ro­peo no que es­te ano par­ti­ci­pan gol­fis­tas dos 5 con­ti­nen­tes e 29 paí­ses. In­gla­te­rra é o país que máis xo­ga­do­res apor­ta, con 28, se­gui­do de Fran­cia, con 20, e Es­pa­ña con 18. Ta­mén par­ti­ci­pa­rán xo­ga­do­ras de In­dia, Su­dá­fri­ca, Mé­xi­co e Suiza.

Ade­mais da pro­pia com­pe­ti­ción, ha­be­rá un­ha am­pla pro­gra­ma­ción de ac­ti­vi­da­des com­ple­men­ta­rias que co­me­zan xa o luns coa pre­sen­ta­ción ofi­cial do tor­neo no Con­ce­llo de Monforte de Lemos e un­ha sol­ta de glo­bos na Pra­za da Com­pa­ñía coas ban­dei­ras dos paí­ses re­pre­sen­ta­dos.

As xor­na­das con­ti­nua­rán o día 3 de xu­llo no cam­po de golf Oca Au­gas San­tas co Tor­neo ProAm Ribeira Sa­cra, un­ha com­pe­ti­ción en­tre 20 equi­pos in­te­gra­dos por un­ha xo­ga­do­ra pro­fe­sio­nal e tres xo­ga­do­ras afec­cio­na­das.

A con­ti­nua­ción, as par­ti­ci­pan­tes go­za­rán dun­ha Ro­ma­ría tra­di­cio­nal nos xar­díns do ho­tel bal­nea­rio, e fa­ra­se en­tre­ga dos pre­mios, a car­go do Presidente da Real Fe­de­ra­ción Es­pa­ño­la de Golf, Gon­za­ga Es­cu­ria­za, e o Presidente da Fe­de­ra­ción Ga­le­ga de Golf, Da­niel Fer­nán­dez. Pa­ra fi­na­li­zar a xor­na­da, des­cu­bri­rán al­gúns dos te­sou­ros tu­rís­ti­cos da Ribeira Sa­cra.

Du­ran­te o mér­co­res 4 e o xo­ves 5 de xu­llo dispu­taran­se as dúas pri­mei­ras xor­na­das do Ribeira Sa­cra Pa­tri­mo­nio da Hu­ma­ni­da­de In­ter­na­tio­nal La­dies Open. Ac­ce­de­rán apro­xi­ma­da­men­te as 40 pri­mei­ras cla­si­fi­ca­das des­pois do cor­te á xor­na­da fi­nal do ven­res 6 de xu­llo, que fi­na­li­za­rá coa en­tre­ga de pre­mios e a fo­to ofi­cial da ga­na­do­ra no cam­po de golf.

Pa­ra re­ma­tar, ce­le­bra­ra­se o tor­neo aber­to ama­teur Gam­bi­to Oca Ho­tels, bai­xo a mo­da­li­da­de in­di­vi­dual sta­ble­ford hán­di­cap.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.