A poe­sía en to­da cla­se de for­ma­tos

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - AGENDA . FIN DE SEMANA -

Que a poe­sía nos en­vol­va sem­pre re­con­for­ta. E que o fa­ga en do­ses e for­ma­tos pro­pios dou­tras ar­tes co­mo é o ca­so des­ta fin de se­ma­na co Poe­ma­gos­to de Alla­riz ou da que vén, co fes­ti­val Ke­rouac de Vi­go, es­ti­mu­la e mes­mo in­du­ce a pen­sar por un mo­men­to que ao me­llor non to­do es­tá per­di­do.

Na súa cuar­ta edi­ción o fes­ti­val in­ter­na­cio­nal de poe­sía de Alla­riz, Poe­ma­gos­to, pro­mo­vi­do po­la Fun­da­ción Vi­cen­te Ris­co e a li­bra­ría Ai­ra das Le­tras, da un sal­to cuan­ti­ta­ti­vo e cua­li­ta­ti­vo e pa­sa dun­ha a tres xor­na­das. Ne­las te­rán ca­bi­da a poe­sía, si, pe­ro ta­mén con­cer­tos, char­las, mi­cros aber­tos, ac­ti­vi­da­des in­fan­tís, pre­sen­ta­cións e ven­da de li­bros, ar­te, ar­te­sa­nía e un lon­go et­cé­te­ra. Ho­xe, de tar­di­ña, o Mu­seo do Coi­ro aco­lle­rá un re­ci­tal de An­tía Ote­ro e Yolanda Cas­ta­ño e desegui­do un con­cer­to de Luis Pas­tor. Po­la noi­te, no Roi Xor­do, fes­ta e mi­cro aber­to.

Ma­ñá nas rúas do cas­co ve­llo re­soa­rán os ecos dos ver­sos de Va­ne­sa Glem­sel, Da­vid Cas­ti­llo, Car­los D’Abreu, Hu Xu­dong, Xa­boer Xil Xar­dón, Pa­blo X. Suá­rez, An­to­nio Orig­huel, Ol­ga No­vo, Fran­ces­ca Cri­ce­lli, Ire­ne Fer­nán­dez, Mi­ren Agur Meabe e Ju­di Díaz. E xa de noi­ti­ña a dos sons de Rai­ba, A Com­pa­ñía do Ruí­do (na ima­xe) e Fol­kló­li­cos. A xor­na­da do do­min­go com­plé­ta­se cun com­ba­te poé­ti­co, un re­ci­tal (12.30) con pos­te­rior mi­cro aber­to e un con­cer­to poé­ti­co a car­go do pro­xec­to li­te­ra­rio, vi­deo­grá­fi­co e mu­si­cal Cin­taad­he­si­va.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.