Quen di­xo que o so­ne­to es­tá pa­sa­do de mo­da

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Hai al­gúns anos res­ca­ta­ba nes­tas pá­xi­nas o pro­fe­sor Alon­so Mon­te­ro uns ver­sos, creo que aín­da iné­di­tos, de Filgueira Val­ver­de, nos que re­fle­xio­na­ba so­bre a saú­de do so­ne­to. Aquel poe­ma, ti­tu­la­do So­ne­to so­ne­til e di­dác­ti­co, con­cluía afir­man­do: «Pe­ro os vates de ago­ra, no li­ris­mo, / fo­xen da ri­ma e sí­la­bas con­ta­das, / co­ma no­xos dun ve­llo pre­cep­tis­mo / e nes­tes tem­pos de es­truc­tu­ra­lis­mo / pre­fi­ren pa­ra as súas ca­bal­ga­das / os cei­bos cam­pos do ver­sal li­bris­mo».

Fa­go uso des­ta cons­ta­ta­ción subs­cri­ta por al­guén que usou con for­tu­na a fórmula pa­ra re­fe­rir­me ao novo li­bro de Do­mín­guez Al­ber­te no que, co­mo au­tor ver­sá­til que é pa­ra aco­ller e asu­mir no­vos re­tos, op­ta ago­ra por so­me­ter­se á fé­rrea dis­ci­pli­na que im­pli­ca es­te mol­de clá­si­co. En So­ne­to no

al­fa­be­to, así pois, o au­tor abra­za con va­len­tía es­ta for­ma tran­si­ta­da por vo­ces que van de Dante a Sha­kes­pea­re, de Pe­trar­ca ou Ca­mões a Ril­ke e sú­ma­se a un­ha ri­ca tra­di­ción aca­ri­ña­do por Vázquez de Nei­ra e Cu­rros, por Ca­ba­ni­llas ou Ma­nuel Ma­ría, on­de ta­mén so­bre­saí­ron com­po­si­cións de Víc­tor Cam­pio, Pe­pe Ál­va­rez Các­ca­mo, An­tón To­var, Vázquez Na­val, Marica Cam­po ou Mi­ro Vi­llar. Mais hai ta­mén nes­te li­bro, can­do me­nos, ou­tros dous con­di­cio­na­men­tos pro­cu­ra­dos á man­ten­ta co­mo son o de ofre­cer, ini­cial­men­te, un so­ne­ta­rio mar­ca­do po­la su­xes­tión que en­ce­rra ca­da un­ha das letras do no­so abe­ce­da­rio nun­ha im­plí­ci­ta ho­me­na­xe á lin­gua ga­le­ga e, en se­gun­do lu­gar, por apli­car un­ha orien­ta­ción des­de a que su­xe­rir ca­mi­ños ac­ti­vos pa­ra a lec­tu­ra dun pú­bli­co ado­les­cen­te, aín­da que non só, que re­pa­re así nas po­si­bi­li­da­des lú­di­cas e expresivas que po­de ate­sou­rar a poe­sía nun xé­ne­ro on­de son sem­pre es­ca­sas as ache­gas que vi­ron a luz nos úl­ti­mos anos. Os poe­mas do li­bro di­na­mí­zan­se, co­mo é ló­xi­co, cun ma­ne­xo téc­ni­co ali­men­ta­do de pa­ro­no­ma­sias, ali­te­ra­cións e ou­tros re­cur­sos, mais so­bre por un­ha ac­ti­tu­de si­nes­té­si­ca me­dian­te a que o au­tor per­ci­be e plas­ma co­rres­pon­den­cias que afon­dan nos mun­dos das per­cep­cións sen­so­riais atei­ga­das de co­res, sons, sa­bo­res e tex­tu­ras, e ta­mén ideas, que cons­trúen os tex­tos des­de a súa ba­se nun­ha ac­ti­tu­de se­me­llan­te á que abra­zou aquel ve­llo poe­ta que se cha­mou Art­hur Rim­baud. Moi­tas fron­tes son, así pois, as que ins­pi­ran es­te li­bro, evi­den­te­men­te con­tra co­rren­te ao asen­tar­se nun­ha fórmula ex­pre­si­va aban­do­na­da, mais vi­va e sem­pre esi­xen­te á que, sen dú­bi­da, Do­mín­guez Al­ber­te se aso­ma con for­tu­na.

AU­TOR EDI­TO­RIAL XOÁN C. DO­MÍN­GUEZ AL­BER­TE GA­LA­XIA 64 PÁ­XI­NAS, 8.50 EU­ROS SO­NE­TO NO AL­FA­BE­TO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.