Un­ha sor­te de cos­tu­mis­ta, de­li­ran­te e fes­ti­vo “trap-an­to­jo”

Son o pe­núl­ti­mo fe­nó­meno xur­di­do na efer­ves­cen­te es­ce­na mu­si­cal ga­le­ga. Un­ha to­le­ría de con­si­de­ra­bles pro­por­cións, es­ti­mu­lan­te e moi arrai­ga­da ao no­so, que usa a iro­nía co­mo ar­gu­men­to e o trap co­mo so­por­te

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA - TEX­TO: CAR­LOS CRES­PO

Se­gu­ra­men­te hai máis dis­cur­so nun só te­ma de Bo­yan­ka Kos­to­va que en to­do o re­per­to­rio da maio­ría das es­tre­las do trap. Ma­lia que por ve­ces se­me­llen un fes­ti­vo

tram­pan­to­jo no que non é doa­do ad­ver­tir on­de re­ma­ta a pro­pos­ta mu­si­cal e on­de em­pe­za a far­sa. Que se­gu­ro que a hai.

Bo­yan­ka Kos­to­va son a re­tran­ca fei­ta trap. Dous con­cep­tos que nun­ca ima­xi­nei na mes­ma fra­se. De aí, se ca­dra, par­te do seu éxi­to. En nin­gun­ha ca­be­za no seu san pre­xuí­zo ca­bía es­pe­rar un desen­vol­ve­men­to con­cep­tual de se­me­llan­te ca­li­bre. O xé­ne­ro mu­si­cal que atra­pou á xe­ra­ción mi­llen­nial le­va­do ao mun­do da al­dea nun­ha sor­te de con­tex­tua­li­za­ción tan in­ve­ro­sí­mil co­mo ati­na­da.

Co­mo flow cos­tum­bris­ta té­ñeno de­fi­ni­do. Ou co­mo twer­king ru­ral. Ci­brán e Chi­cho, as dúas al­mas in­que­das que bo­ta­ron a an­dar es­ti­mu­lan­te to­le­ría, quí­tan­lle trans­cen­den­cia ao asun­to. «Non é tan com­ple­xo nin lle da­mos tan­tas vol­tas. Sin­xe­la­men­te fa­la­mos do que nos pa­sa aco­tío. Pe­ro do que nos pa­sa a nós, de ver­da­de. Un­ha noi­te na ca­sa, to­dos fu­ma­dos, ape­té­ce­nos fa­cer­nos un Co­la­cao e di­ci­mos ‘hos­tia aí po­de ha­ber un­ha can­ción’». E vaia se ha hou­bo.

«O que non ten sen­ti­do e o que a nós nos dá moi­ta ri­sa é que un ti­po que ao me­llor é do Po­rri­ño me es­tea con­tan­do que sae no seu low­ri­der coa súa 9 mi­lí­me­tros a ven­der crack. Non tío, non en­ten­di­ches na­da», en­ga­den.

Se ca­dra por iso nun­ha das súas letras pun­tua­li­zan que ma­lia que te­ñen ca­ras de ma­los son moi ama­bles. «Cla­ro, jo­der. Po­de que nal­gún ví­deo saia­mos cun xes­to chun­go pe­ro so­mos moi ri­qui­ños, en reali­da­de».

In­clu­so na es­té­ti­ca mar­can a di­fe­ren­za. Po­den apa­re­cer en es­ce­na cun­ha ca­mi­se­ta de Hé­roes del Si­len­cio ou cun ba­ña­dor ha­waiano. «É a no­sa for­ma de ser. Po­ñer esas po­ses tan pou­co na­tu­rais ou le­var un­ha ca­dea gor­dí­si­ma non vai con nós».

Ata a irre­ve­ren­te apa­ri­ción de Bo­yan­ka Kos­to­va o trap e o sen­ti­do do hu­mor eran dous con­cep­tos an­ta­gó­ni­cos. Se al­go ca­rac­te­ri­zou a es­te xé­ne­ro foi ou ben a súa ba­na­li­da­de ou un cer­to sen­ti­do apo­ca­líp­ti­co que ti­ña o seu re­fle­xo nun­has ba­ses es­cu­ras e nun rit­mos tan hip­nó­ti­cos co­mo pou­co pro­pi­cios pa­ra a al­ga­ra­bía.

Non é o ca­so. Bo­yan­ka Kos­to­va fan sal­tar po­los ai­res eses te­dio­sos prin­ci­pios. Que­da máis que pa­ten­te nos seis tracks do seu máis re­cen­te epé,

Ve­lla can­ción ga­le­ga, edi­ta­do por La Me­lo­na bai­xo a pro­du­ción de He­vi (Ma­lan­dró­me­da). Ne­les o dúo ex­plo­ra a moi des­co­ñe­ci­da ver­ten­te fes­ti­va do trap, for­zan­do con sar­cas­mo os lí­mi­tes do au­to­tu­ne, pro­po­ñen­do rit­mos nos que a elec­tró­ni­ca de co­lo­rin­chos se mes­tu­ra co subs­tra­to tra­di­cio­nal e eva­din­do os rí­xi­dos es­que­mas do xé­ne­ro. «Nós nin se­que­ra di­ci­mos que so­mos un gru­po de trap», co­men­ta Ci­brán. «So­mos un gru­po de mú­si­ca que fa­ce­mos elec­tró­ni­ca e que di­ci­mos cou­sas. Pe­ro, quen sa­be, cal­que­ra día se nos vai a olla e fa­ce­mos ba­la­das».

A re­fe­ren­cia a Ma­lan­dró­me­da é inevi­ta­ble, má­xi­me tras o moi per­cep­ti­ble tra­ba­llo de pro­du­ción de He­vi no epé de Bo­yan­ka Kos­to­va. «Nós cre­ce­mos con Ma­lan­dró­me­da, ma­ma­mos to­do o que sa­ca­ban», co­men­tan. «Se so­mos os her­dei­ros? Nós non so­mos quen pa­ra di­ci­lo pe­ro se é o que se es­tá co­men­tan­do por aí...».

O que é in­cues­tio­na­ble é que hai un­ha no­va xe­ra­ción de mú­si­cos ga­le­gos que, máis alá do xé­ne­ro ao que mu­si­cal­men­te se ache­guen, dei­xa­ron por fin de la­do com­ple­xos e pre­xuí­zos, sou­be­ron cap­tu­rar a esen­cia do seu tem­po e ache­ga­la ás raí­ces e á pro­pia idio­sin­cra­sia. E, mi­ra ti por on­de, a cou­sa fun­cio­na. Vaia se fun­cio­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.