Ro­sa Ar­cos

Di que o de­bu­xo do pa­pel das mu­lle­res no ru­ral é moi abs­trac­to: ve pre­ci­sos da­tos reais

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - PA­TRI­CIA BLAN­CO

Ro­sa Ar­cos (Ma­za­ri­cos, 1969), pre­si­den­ta da Fe­de­ra­ción de Aso­cia­cións de Mu­lle­res Ru­rais de Galicia (Fa­de­mur), cre que as es­ta­tís­ti­cas ofi­ciais non fan un re­la­to real do pa­pel da mu­ller no me­dio ru­ral. Fa­la de ci­fras «im­po­si­bles» que dis­tor­sio­nan o seu pe­so e ve ne­ce­sa­rio fa­cer un re­tra­to ri­go­ro­so, «ana­li­zar de ver­da­de cal é o pa­pel e a pre­sen­za so­cial, la­bo­ral e eco­nó­mi­ca da mu­ller» no agro. Si ob­ser­va que no cen­so de ex­plo­ta­cións de lei­te hai ho­xe máis mu­lle­res ti­tu­la­res: «É un cam­bio re­cen­te, hai ape­nas seis anos non era así. A pre­gun­ta é se obe­de­ce a un­ha to­ma de po­si­ción, de em­po­de­ra­men­to, ou se ten ou­tras mo­ti­va­cións». Pa­ra Ar­cos, res­pon­de «á fe­mi­ni­za­ción da pre­ca­rie­da­de la­bo­ral, a fe­mi­ni­za­ción da po­bre­za». Pe­se a to­do, ven­do os pro­xec­tos no­vi­do­sos que xor­den no ru­ral, es­tá con­ven­ci­da de que o fu­tu­ro des­te me­dio pa­sa por elas: «Es­tán sen­do o ac­ti­vo máis di­ná­mi­co».

—¿Cal é a si­tua­ción, en­tón?

—A lon­ga cri­se de pre­zos es­tá le­van­do a que as fa­mi­lias pre­ci­sen in­cre­men­tar in­gre­sos. En moi­tos ca­sos, o que se pro­du­ce é un­ha in­cor­po­ra­ción das mu­lle­res pa­ra fa­cer­se car­go do mal­trei­to ne­go­cio agra­rio, men­tres que os ho­mes saen na pro­cu­ra de in­gre­sos nou­tros ám­bi­tos. Ta­mén nas es­ta­tís­ti­cas fi­gu­ran mu­lle­res, ads­cri­tas den­tro da ac­ti­vi­da­de agra­ria, sen­do a súa ac­ti­vi­da­de máis de au­to­con­su­mo que de trans­for­ma­ción e ven­da. A apor­ta­ción en ter­mos eco­nó­mi­cos pa­ra o sec­tor é es­ca­sa, pe­ro si su­pón un in­gre­so pa­ra a Se­gu­ri­da­de So­cial. Is­to ten a súa ori­xe na fal­ta de in­cor­po­ra­ción ao mer­ca­do la­bo­ral de moi­tas xeracións de mu­lle­res. Pa­ra elas, a úni­ca op­ción de op­tar a un­ha pres­ta­ción de xu­bi­la­ción é co­ti­zar os anos mí­ni­mos, no ré­xi­me que lles é máis ac­ce­si­ble: o es­pe­cial agra­rio. In­cor­po­ran as es­ta­tís­ti­cas a mu­lle­res que tra­ba­llan­do to­da a vi­da na ex­plo­ta­ción fa­mi­liar, co­me­zan a co­ti­zar tar­dia­men­te. Seis de ca­da dez que lle de­di­can máis de 40 ho­ras á se­ma­na non es­tán de al­ta na Se­gu­ri­da­de So­cial. O prin­ci­pal mo­ti­vo é a fal­ta de in­gre­sos su­fi­cien­tes pa­ra pa­gar va­rias co­ti­za­cións: can­do non che­gan, quen que­da fó­ra do sis­te­ma é a mu­ller. O re­sul­ta­do de to­da es­ta di­ver­si­da­de na que se ato­pan as mu­lle­res ru­rais de Galicia é cla­ro, e aí si que as es­ta­tís­ti­cas non fa­llan: as súas pen­sións es­tán en­tre as máis bai­xas do Es­ta­do. So­mos a co­mu­ni­da­de on­de máis mu­lle­res maio­res son per­cep­to­ras de pen­sións non con­tri­bu­ti­vas, son as máis em­po­bre­ci­das do Es­ta­do. Te­mos, pois, un de­bu­xo de­ma­sia­do abs­trac­to do pa­pel das mu­lle­res no ru­ral: non sa­be­mos can­tas son gan­dei­ras a tem­po com­ple­to, can­tas a tem­po par­cial, can­tas na eco­no­mía de au­to­con­su­mo, can­tas co­ti­zan pa­ra ter de­rei­to a un­ha pres­ta­ción, ca­les son os in­gre­sos, o per­fil das ex­plo­ta­cións... Sen par­tir de da­tos reais é di­fí­cil acer­tar coas re­cei­tas, coas po­lí­ti­cas de apoio.

—¿E ten­se re­co­ñe­ci­do ou em­pe­za a re­co­ñe­cer­se o pa­pel de­las?

—Non. Non se ten re­co­ñe­ci­do o que fi­xe­mos no pa­sa­do: as mu­lle­res fo­mos fun­da­men­tais no man­te­men­to da es­tru­tu­ra fa­mi­liar do ru­ral en mo­men­tos co­mo as gue­rras ou as cri­ses que pro­pi­cia­ron a emi­gra­cións. Esas xeracións de mu­lle­res que tra­ba­lla­ron du­ra­men­te, soas, deu pé ao di­to de que Galicia é un gran ma­triar­ca­do, un lu­gar on­de as mu­lle­res tra­ba­llan, man­dan, pe­ro non go­ber­nan. Tam­pou­co se re­co­ñe­ce no pre­sen­te. Ho­xe as mu­lle­res do ru­ral so­mos in­vi­si­bles pa­ra gran par­te da so­cie­da­de. O noso tra­ba­llo non é va­lo­ra­do; a no­sa pre­sen­za nos me­dios é es­ca­sa; a no­sa par­ti­ci­pa­ción nas or­ga­ni­za­cións do sec­tor é im­por­tan­tí­si­ma, pe­ro non se re­flic­te nos con­se­llos de di­rec­ción nin nas exe­cu­ti­vas; a par­ti­ci­pa­ción na vi­da pú­bli­ca se­gue cen­trán­do­se nas aso­cia­cións de mu­lle­res, An­pas, agru­pa­cións cul­tu­rais... e non é por fal­ta de mu­lle­res, é por fal­ta de me­ca­nis­mos que fo­men­ten a par­ti­ci­pa­ción en ter­mos de igual­da­de e que axu­den a re­mo­ver os im­pe­di­men­tos.

—¿Su­pu­xo al­gún avan­ce a lei que re­gu­la a ti­tu­la­ri­da­de com­par­ti­da?

—A idea é boa, a lei foi apro­ba­da por una­ni­mi­da­de, ben va­lo­ra­da a ni­vel eu­ro­peo por­que su­po­ñía una avan­ce en ter­mos de igual­da­de, pe­ro non fun­cio­na por­que non se pu­xe­ron me­dios, nin téc­ni­cos nin eco­nó­mi­cos, pa­ra o seu de­sen­vol­ve­men­to: co­mu­ni­ca­ción proac­ti­va, boa in­for­ma­ción... [Ex­pli­ca que hai al­tas nes­ta ti­tu­la­ri­da­de, pe­ro de­trás po­den es­tar os pun­tos a maio­res que dan por iso pa­ra op­tar a plans de me­llo­ra].

—Agar­dan, pois, mi­les de mu­lle­res. Pa­re­ce que que­da por fa­cer.

—Que­da moi­to por fa­cer, pe­ro é un mo­men­to de opor­tu­ni­da­de. Hai ho­xe no ru­ral mu­lle­res máis for­ma­das, con apor­ta­cións in­no­va­do­ras. Iso, pe­se a que o re­pro­che so­cial nun fra­ca­so é máis al­to pa­ra elas, e pe­se a que no ru­ral non hai ca­pa­ci­da­de de pe­ne­tra­ción das po­lí­ti­cas de igual­da­de.

«Non se ten re­co­ñe­ci­do o que fi­xe­mos no pa­sa­do, e tam­pou­co se fai ago­ra no pre­sen­te»

XOÁN A. SO­LER

Ro­sa Ar­cos ve pre­ci­sos me­dios pa­ra desen­vol­ver a lei que re­gu­la a ti­tu­la­ri­da­de com­par­ti­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.