A obra de Bor­ges

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - LITERATURA -

É, sen dú­bi­da, o es­cri­tor ar­xen­tino con maior pro­xec­ción uni­ver­sal. E un dos gran­des da li­te­ra­tu­ra uni­ver­sal do sécu­lo XX. A súa in­fluen­cia nas xe­ra­cións pos­te­rio­res é enor­me: nin­gún es­cri­tor ac­tual, non só de lin­gua cas­te­lá se­nón de nin­gún idio­ma cul­to do mundo, des­co­ñe­ce a obra de Bor­ges. Os seus te­mas te­ñen pou­co que ver coa con­di­ción hu­ma­na de car­ne e óso, cos que com­par­ti­mos con el es­ta vi­da de mor­tais li­mi­ta­dos po­la reali­da­de das no­sas exis­ten­cias. O seu mundo na­rra­ti­vo sus­tén­ta­se so­bre a lec­tu­ra de li­bros, so­bre un­ha cul­tu­ra li­bres­ca ex­tra­or­di­na­ria que lle vai fa­ci­li­tar a crea­ción de ar­gu­men­tos de gran atrac­ti­vo in­te­lec­tual po­la súa si­me­tría e re­gu­la­da ra­cio­na­li­da­de. E to­do iso expresado nun­ha pro­sa trans­pa­ren­te, es­pi­da na súa apa­ren­cia, pe­ro car­ga­da de in­ten­cio­na­li­da­de sig­ni­fi­ca­ti­va e su­xes­ti­va. Os te­mas e mo­ti­vos dos seus re­la­tos son moi re­co­rren­tes: o tem­po cir­cu­lar e ilu­so­rio, os es­pe­llos, os la­bi­rin­tos, os li­bros ima­xi­na­rios... O fan­tás­ti­co ve­se do­mes­ti­ca­do po­la súa ima­xi­na­ción ra­zoa­do­ra, o que ache­ga moi­tos dos seus con­tos a es­tu­dos me­ta­fí­si­cos.

En 1935 apa­re­ce His­to­ria uni­ver­sal da in­fa­mia, con tex­tos que o pro­pio au­tor cua­li­fi­ca como exer­ci­cios de pro­sa na­rra­ti­va e nos que é evi­den­te a in­fluen­cia de Ro­bert Louis Ste­ven­son e de G. K. Ches­ter­ton. Es­te vo­lu­me in­clúe un dos seus con­tos máis fa­mo­sos, O ho­me da es­qui­na ro­sa­da; se­guí­ron­lle os en­saios de His­to­ria da eter­ni­da­de (1936). Fic­cións (1944), O aleph (1949) e O Ha­ce­dor (1960) re­co­llen os re­la­tos de Bor­ges que han ter maior pro­xec­ción. O in­for­me de Bro­die (1970), O Con­gre­so (1971), O li­bro de area (1975) non fi­xe­ron máis que con­so­li­dar o enor­me pres­ti­xio como es­cri­tor de re­la­tos cur­tos.

A pe­sar da nu­tri­dí­si­ma bi­blio­gra­fía de Bor­ges (hai que apun­tar, ta­mén, a súa gran obra poé­ti­ca, os seus en­saios, as súas ex­ce­len­tes tra­du­cións do in­glés), po­de­ría di­cir­se del o que de moi pou­cos es­cri­to­res: que esen­cial­men­te é o au­tor dun só li­bro, do que en­tre­gan­do dis­tin­tas ver­sións. Dis­tin­tos froi­tos que saen da mes­ma árbore, como se po­de com­pro­bar len­do as súas Obras com­ple­tas. De tal for­ma, que se lle po­de­ría apli­car a fra­se que el lle de­di­ca­ra a Que­ve­do: «Máis que un es­cri­tor, é un­ha vas­ta li­te­ra­tu­ra».

Pe­ro hai que apun­tar que nos anos pos­te­rio­res á pu­bli­ca­ción dos dous pri­mei­ros li­bros, a Bor­ges só o lían ca­se en se­gre­do al­gúns ini­cia­dos. A fa­ma che­gou­lle ao es­cri­tor no li­miar da ve­llez, aín­da que a súa in­fluen­cia no mundo li­te­ra­rio ar­xen­tino, en con­cre­to, e his­pa­noa­me­ri­cano en xe­ral, foi moi gran­de des­de a pu­bli­ca­ción deses dous pri­mei­ros li­bros. Co pa­so dos anos, o seu re­co­ñe­ce­men­to ía­se agran­dan­do e, en pa­ra­le­lo cre­cía a ima­xe dun Bor­ges iró­ni­co e agudo, que dei­xa­ba sem­pre dar­dos en­ve­le­na­dos e pe­que­nas mal­da­des en ca­da en­tre­vis­ta que lle fa­cían pa­ra os su­ple­men­tos cul­tu­rais. Nal­gun­ha oca­sión, e pa­ra en­fa­dar aos aca­dé­mi­cos es­pa­ñois, di­xo que o cas­te­lán era un­ha lin­gua moi fea e que pre­fe­ría o in­glés. Nou­tra, que o me­llor poeta da xe­ra­ción do 27 era Can­si­nos As­sens, un me­dio­cre es­cri­tor co que man­ti­vo un­ha li­xei­ra ami­za­de. Un­ha vez que lle pre­gun­ta­ron a súa opi­nión so­bre o gran poeta es­pa­ñol An­to­nio Ma­cha­do pu­xo ca­ra de sor­pren­di­do e di­xo: «Non sa­bía eu que Ma­nuel Ma­cha­do ti­ña un ir­mán ta­mén poeta». Es­ta for­ma de pro­ce­der, en­tre a iro­nía e a su­fi­cien­cia, con­ver­teuno nun per­so­na­xe ca­se tan odio­so como ad­mi­ra­do. Moi­tos in­te­lec­tuais pro­gre­sis­tas dos anos 60 en dian­te vi­vían, res­pec­to de Bor­ges, un­ha com­pli­ca­da es­qui­zo­fre­nia: ti­ñan a mes­ma ten­den­cia a odialo que a ama­lo. Per­so­na­xe úni­co, sen dú­bi­da, e es­cri­tor do me­llor que deu o sécu­lo XX na li­te­ra­tu­ra uni­ver­sal.

Fa­cha­da da an­ti­ga Bi­blio­te­ca Na­cio­nal de Bue­nos Ai­res

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.