Ve­llos con­fli­tos do pla­ne­ta que saú­dan o no­vo ano

O no­vo ano co­me­za con dispu­tas mal pe­cha­das que po­den es­tou­par en cal­que­ra mo­men­to

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Cris­tó­bal Ra­mí­rez con­gos­tro@gmail.com

Ano no­vo, pro­ble­mas ve­llos. Esa po­de­ría ser a sín­te­se dese es­ce­na­rio ca­da vez máis glo­bal que é o pla­ne­ta. Por­que os bos desexos que se ma­ni­fes­tan na maior par­te do mundo a noi­te do 31 de de­cem­bro non pasan de ser iso: desexos. Ás gue­rras ma­ni­fes­ta­men­te aber­tas —Iraq, Si­ria, Af­ga­nis­tán...— ou de bai­xo per­fil —como Co­lom­bia ou Ucraí­na— cóm­pre su­mar os con­fli­tos lar­va­dos que non van nin pa­ra un la­do nin pa­ra ou­tro. E ató­pan­se en todos os con­ti­nen­tes. Al­gúns deses con­fli­tos, non todos, son pol­vo­rei­ras que se ca­dra es­tou­ran es­te ano ou se ca­dra non. Se as pre­vi­sións sem­pre son di­fí­ci­les, nes­te ei­do moi­to máis.

Tur­quía. O país do pla­ne­ta que ten na ca­dea a máis pe­rio­dis­tas é un exem­plo de vio­len­cia lar­va­da de­bi­da en gran par­te ao au­to­ri­ta­ris­mo do seu pre­si­den­te, o is­la­mi­ta Re­cep Ta­yip Er­do­gan. A ac­ti­tu­de des­te no ano pa­sa­do per­mi­te aven­tu­rar que a re­pre­sión con­tra a mi­no­ría kur­da vai au­men­tar, so­bre to­do por­que os cho­ques ar­ma­dos (pe­que­nos, es­po­rá­di­cos, cons­tan­tes) co Par­ti­do dos Tra­ba­lla­do­res Kur­dos son ha­bi­tuais nas zo­nas fron­tei­ri­zas.

Ko­so­vo. Es­te anaco da an­ti­ga Iu­gos­la­via que des­pois pa­sou ser un­ha pro­vin­cia au­tó­no­ma de Ser­bia e máis adian­te foi ab­sor­bi­da por Bel­gra­do, o que des­en­ca­deou un­ha gue­rra, aca­bou sen­do un pro­tec­to­ra­do da ONU e, pa­ra com­ple­tar o ga­li­ma­tías, de­cla­rou­se in­de­pen­den­te po­la súa con­ta. Es­pa­ña non re­co­ñe­ceu tal in­de­pen­den­cia. Na­cións Uni­das non sa­be que fa­cer con ese ni­ño de es­tra­per­lis­tas e pe­que­nos ma­fio­sos en que se con­ver­teu o te­rri­to­rio, e fía to­do a que Ko­so­vo ne­go­cie con Ser­bia su es­ta­tus de­fi­ni­ti­vo.

Nagorno Ka­ra­bakh. É un anaco da ex re­pú­bli­ca so­vié­ti­ca de Acer­bai­xán, pe­ro en reali­da­de con­tró­laa un Go­berno se­pa­ra­tis­ta que non foi re­co­ñe­ci­do por nin­gún país do mundo pe­ro si, cu­rio­sa­men­te, po­lo es­ta­do nor­te­ame­ri­cano de Ca­li­for­nia. O 10 de de­cem­bro de 1991, nun re­fe­ren­do que po­de ser cua­li­fi­ca­do de cal­que­ra cou­sa me­nos de de­mo­crá­ti­co, un­ha par­te da po­boa­ción apoia­da por Ar­me­nia de­ci­diu crear un es­ta­do in­de­pen­den­te. Ese foi o prin­ci­pio dun­ha gue­rra prac­ti­ca­men­te tri­bal que pro­vo­cou 20.000 mor­tes e obri­gou a fu­xir a 800.000 per­soas, e na que se aca­dou un al­to o fo­go en 1994. Os in­ci­den­tes me­no­res nas no­vas fron­tei­ras su­cé­den­se e a re­pre­sión so­bre os di­si­den­tes é o pan no­so de ca­da día en Nagorno Ka­ra­bakh.

Tí­bet. En 1913 de­cla­rou­se país in­de­pen­den­te, pe­ro en 1951 Chi­na ocu­pouno po­las bra­vas tras ga­ñar o ano an­te­rior a ba­ta­lla de Cham­do: 40.000 sol­da­dos do Exér­ci­to de Pe­quín pa­sa­ron por ri­ba dos 8.500 que ti­ñan os ti­be­ta­nos. A pe­sa­res dos cha­ma­men­tos á non vio­len­cia do ac­tual da­lai la­ma, a ocu­pa­ción mi­li­tar con­ti­núa, con gran des­gus­to da po­boa­ción que xa nos úl­ti­mos tem­pos re­for­zou os seus cha­ma­men­tos á re­sis­ten­cia. Por ago­ra a for­te re­pre­sión de Pe­quín im­pe­diu á saí­da ás rúas dun­ha po­boa­ción des­con­ten­ta co sta­tu quo. Por cer­to, a su­per­fi­cie do Tí­bet é dúas ve­ces e me­dia a de Es­pa­ña e ne­la vi­ven tan só 373.000 ha­bi­tan­tes.

O Salvador. A pe­que­na na­ción cen­troa­me­ri­ca­na su­friu un­ha lon­ga gue­rra ci­vil des­de 1980 que cus­tou 75.000 vi­das, e, se ben xa re­ma­tou en 1992, a vio­len­cia si­gue sen­do cons­tan­te, cun­ha gran ten­sión en zo­nas ru­rais e en barrios ur­ba­nos, ao pun­to de que nos úl­ti­mos días El Salvador des­ban­cou a Hon­du­ras como o país máis vio­len­to do pla­ne­ta que non su­fre un­ha gue­rra de­cla­ra­da. Os asa­si­na­tos cón­tan­se por du­cias ca­da 24 ho­ras.

Illas Fe­roe. Un for­tín do sen­ti­men­to de­mo­crá­ti­co e da ma­nei­ra de­mo­crá­ti­ca de le­var adian­te un pro­ce­so po­lí­ti­co exem­plar que nin avan­za nin re­tro­ce­de. A que foi a pri­mei­ra au­to­no­mía do mundo (1948) é ca­se un país in­de­pen­den­te e mes­mo ten a súa moe­da pro­pia. Fál­ta­lle exér­ci­to e re­pre­sen­ta­ción di­plo­má­ti­ca, pre­rro­ga­ti­vas do Es­ta­do ao que per­ten­ce, Di­na­mar­ca. As elec­cións son sem­pre moi ri­fa­das, pe­ro o sen­ti­men­to na­cio­na­lis­ta-in­de­pen­den­tis­ta pa­re­ce non re­mi­tir e en Co­pen­ha­gue es­pe­ran que cal­que­ra día po­ñan en­ri­ba da me­sa a súa mar­cha. Iso si: as for­tes ten­sións in­ter­nas non aca­ba­ron nun­ca en in­ci­den­tes vio­len­tos.

XO­SÉ CAS­TRO

Mon­xes ti­be­ta­nos en ora­ción. O sen­ti­men­to in­de­pen­den­te se­gue vi­vo, a pe­sar da for­te re­pre­sión do Exér­ci­to chi­nés

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.