Consecuencias pa­ra Ca­ta­lu­ña

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - SOCIALES -

A no­va es­tru­tu­ra po­lí­ti­ca apli­cou­se por igual en todos os te­rri­to­rios da co­roa, ex­cep­to País Vasco e Na­va­rra. Pe­ro imos fi­xar­nos no que cam­biou en Ca­ta­lu­ña, ten­do en con­ta as súas cir­cuns­tan­cias par­ti­cu­la­res an­te­rio­res.

1. Abo­lí­ron­se as cor­tes do prin­ci­pa­do. O Reino de Ara­gón ti­ña un­has Cor­tes xe­rais nas que se in­te­gra­ban as de Ara­gón, Va­len­cia e o Prin­ci­pa­do de Ca­ta­lu­ña. Xe­ral­men­te rea­li­za­ban reunións con­xun­tas, pe­ro ta­mén po­dían re­unir­se por se­pa­ra­do. As úl­ti­mas Cor­tes Xe­rais do Reino de Ara­gón ce­le­brá­ron­se en Bar­ce­lo­na en 1705 e 1706. Fo­ron as que re­co­ñe­ce­ron como rei ao ar­qui­du­que Car­los. Des­de os Reis Ca­tó­li­cos, as cor­tes fo­ron per­den­do im­por­tan­cia por­que o rei só as con­vo­ca­ba pa­ra a súa pro­cla­ma­ción. 2. Abo­lí­ron­se, ade­mais as ou­tras dúas ins­ti­tu­cións po­lí­ti­cas tí­pi­cas de Ca­ta­lu­ña: a Ge­ne­ra­li­tat e o Con­se­llo de Cen­to, que go­ber­na­ba o mu­ni­ci­pio de Bar­ce­lo­na. 3. Subs­ti­tuíu­se a fi­gu­ra po­lí­ti­ca do vi­ce­rrei, por un ca­pi­tán xe­ral go­ber­na­dor. É di­cir, un mi­li­tar de­ten­ta­ba o po­der má­xi­mo no te­rri­to­rio. 4. Cons­ti­tuíu­se a Real Au­dien­cia, en­car­ga­da de or­ga­ni­zar o no­vo sis­te­ma po­lí­ti­co, ad­mi­nis­tra­ti­vo e xu­di­cial, e de­cre­tou­se que a súa lin­gua ofi­cial fo­se o cas­te­lán, que pa­sou a ser a lin­gua da Ad­mi­nis­tra­ción, subs­ti­tuín­do ao la­tín. O ca­ta­lán per­mi­tiu­se nos re­xis­tros no­ta­riais e no uso fa­mi­liar e pri­va­do. 5. Con­ser­vá­ron­se ta­mén as leis tra­di­cio­nais de Ca­ta­lu­ña do de­rei­to pri­va­do ci­vil, do pro­ce­sual e do pe­nal. 6. A cen­tra­li­za­ción, non foi to­tal, pe­ro o re­sul­ta­do foi be­ne­fi­cio­so des­de o pun­to de vis­ta eco­nó­mi­co. A des­apa­ri­ción de fron­tei­ras fa­vo­re­ceu o co­mer­cio co res­to do país e po­ten­ciou as ex­por­ta­cións ás co­lo­nias ame­ri­ca­nas. Ca­ta­lu­ña ga­ran­tiu­se un mer­ca­do pa­ra os seus pro­du­tos e pro­pi­ciou un van­ta­xo­so desen­vol­ve­men­to in­dus­trial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.