¡Tes que ga­ñar!

Un exceso de com­pe­ti­ti­vi­da­de no de­por­te infantil ca­rre­xa consecuencias ne­ga­ti­vas

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA - > Ana T. Jack anat­jack@edu.xun­ta.es

Son as ca­tro da tar­de dun sá­ba­do cal­que­ra. To­más, o pai de Bruno, non es­tá bo­tan­do a ses­ta, como adoi­ta fa­cer o fin de semana. Es­tá sen­ta­do nas frías ban­ca­das dun po­li­de­por­ti­vo con moi ma­la acús­ti­ca no que o seu fi­llo de 8 anos xo­ga un par­ti­do de fút­bol con­tra un equi­po ri­val. An­tes de en­trar na can­cha in­ten­tou mo­ti­var ao seu pe­queno cam­pión di­cín­do­lle: «¡Tes que me­ter un gol! ¿Óes­me? Non me de­cep­cio­nes e me­te po­lo me­nos un gol, fi­llo». Pe­ro Bruno, que ve como pa­sa o tem­po e non con­se­gue co­lo­car o ba­lón na por­te­ría con­tra­ria, xa sen­te o pe­so da de­rro­ta so­bre os seus om­bros. Xa lle pa­re­ce es­tar a oír ao seu pai: «Moi mal, fa­tal, non me gus­tou na­da como xo­ga­ches, que desas­tre». Como oco­rreu nou­tras oca­sións, o neno ira­se coa ca­be­za bai­xa á ca­sa e pa­sa­rá o que que­da de día en­fa­da­do co mundo. Como di o seu pai: «Non sei por que, pe­ro ten moi mal per­der».

Es­te exem­plo re­pre­sen­ta a eses pais (por sor­te, un­ha mi­no­ría) ob­se­sio­na­dos por­que os seus fi­llos se­xan os me­llo­res de­por­tis­tas, sen ter en con­ta que a com­pe­ti­ti­vi­da­de ex­ce­si­va ca­rre­xa consecuencias moi ne­ga­ti­vas pa­ra o desen­vol­ve­men­to dos ne­nos. En xe­ral, os ne­nos de­ma­sia­do pre­sio­na­dos pa­ra triun­far:

Son ne­nos es­go­ta­dos fí­si­ca e psi­qui­ca­men­te, que non go­zan co que fan. Só se sen­ten ali­via­dos can­do ga­ñan.

Ava­lían os seus re­sul­ta­dos en ter­mos de to­do ou na­da: ou se ga­ña ou se per­de.

Can­do ga­ñan, sén­ten­se o num­ber one. Can­do per­den, sén­ten­se hu­mi­lla­dos, fra­ca­sa­dos e con­tra­ria­dos.

Pa­de­cen al­tos ni­veis de es­trés e bai­xa to­le­ran­cia á frus­tra­ción. En­fá­dan­se con fa­ci­li­da­de.

Te­ñen bai­xa au­to­es­ti­ma (só se sen­ten ben prac­ti­can­do o de­por­te no que des­ta­can) ou en oca­sións de­ma­sia­do al­ta (po­den che­gar a ser moi ego­cén­tri­cos).

Re­xei­tan pro­bar a fa­cer ta­re­fas ou rea­li­zar ac­ti­vi­da­des nas que sos­pei­tan que non van ter éxi­to.

En oca­sións te­ñen ac­ti­tu­des de su­perio­ri­da­de ou de des­pre­zo ca­ra aos me­nos há­bi­les e mos­tran cer­ta fal­ta de em­pa­tía e sen­si­bi­li­da­de.

En cam­bio, cun­ha com­pe­ti­ti­vi­da­de sa ou, o que é o mes­mo, en­ten­di­da como su­pera­ción per­soal:

En­sí­na­se­lles a go­zar do que fan, in­de­pen­den­te­men­te de se se ga­ña ou se per­de.

Fai­se fin­ca­pé nos va­lo­res de equi­po, na coope­ra­ción e na axu­da aos de­mais.

Va­ló­ra­se o es­for­zo moi­to máis que o re­sul­ta­do.

A com­pa­ra­ción non se fai cos de­mais, se­nón cun mes­mo.

Aprén­de­se dos erros, pe­ro non se cas­ti­ga por eles.

Asi­mí­la­se a idea de que es­for­zar­se pa­ra su­pe­rar­se a un mes­mo é un­ha for­ma de com­pe­ti­ti­vi­da­de po­si­ti­va.

Así que, no canto das fra­ses tó­xi­cas do exem­plo, un­has pa­la­bras de áni­mo pa­ra an­tes do par­ti­do po­de­rían ser al­go así como: «¡Ti in­tén­tao! Non im­por­ta se o con­se­gues ou non. Pe­ro so­bre to­do ¡pá­sao ben!».

MÓ­NI­CA IRAGO

An­tes de pre­gun­tar­lles po­lo re­sul­ta­do dun par­ti­do é me­llor in­tere­sar­se por se o pa­sa­ron ben

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.