Saín­do á luz

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

¿ Me­do á es­cu­ri­da­de? Nun­ca máis. Os es­pe­leó­lo­gos po­den axu­dar­nos. Pri­mei­ro tes que con­se­guir al­go pa­ra im­pe­dir a en­tra­da de luz nun dos teus ollos. Po­de va­ler un par­che de pi­ra­ta de xo­gue­te, un­ha ga­sa con es­pa­ra­dra­po ou un anaco de tea es­cu­ra. E des­pois bus­ca un cuar­to ás es­cu­ras.

Co­bre un dos teus ollos co par­che du­ran­te vin­te mi­nu­tos. Men­tres tan­to, mi­ra a te­le­vi­sión ou le un li­bro. O que che ape­te­za, pe­ro sem­pre co par­che posto. Des­pois dos vin­te mi­nu­tos, ve ao cuar­to es­cu­ro e, can­do es­teas den­tro, quí­ta­che o par­che. Mi­ra ao teu re­dor co ollo que es­ta­ba cu­ber­to, e ta­pan­do o ou­tro ollo coa man. Des­pois dun in­tre, cam­bia: co­bre coa man o ollo que ti­ñas ta­pa­do co par­che, des­co­bre o ou­tro ollo e mi­ra ao re­dor. Fi­nal­men­te, mi­ra o cuar­to cos dous ollos. ¿Po­des ver me­llor cun ollo que co ou­tro?

Can­do os ollos es­tán ás es­cu­ras, vól­ven­se máis sen­si­bles á luz. Al­gúns deses cam­bios su­ce­den moi rá­pi­do. Por exem­plo, as pu­pi­las fan­se máis gran­des. Ou­tros cam­bios son máis len­tos. Ao es­tar na es­cu­ri­da­de, as cé­lu­las dos ollos que son sen­si­bles á luz fan­se máis sen­si­bles aín­da. Ne­ce­si­tan un­ha me­dia ho­ra pa­ra adap­tar­se e, des­pois, os teus ollos se­rán un­has mil ve­ces máis sen­si­bles do que eran an­tes. Non po­de­rás ver se a es­cu­ri­da­de é to­tal, pe­ro o cer­to é que ra­ra­men­te es­tás ne­sa si­tua­ción, xa que o ha­bi­tual é que ha­xa al­gun­ha fon­te de luz, por pe­que­na que se­xa.

Is­to é o que fan os es­pe­leó­lo­gos. An­tes de en­trar nun­ha co­va, usan un par­che no ollo pa­ra adap­tar­se á es­cu­ri­da­de. Ter un ollo xa adoi­ta­do a non ter luz me­llo­ra a vi­sión ás es­cu­ras. Se per­ma­ne­ces un in­tre así, o ou­tro ollo ta­mén te­rá su­fi­cien­te tem­po pa­ra adap­tar­se.

CH­RIS­TOP­HE DELAERE

Os es­pe­leó­lo­gos em­pre­gan un par­che pa­ra adap­tar­se a ver na es­cu­ri­da­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.