«Que­ria­mos conseguir un sis­te­ma eco­nó­mi­co que non in­ter­fi­ra coas prio­ri­da­des de gas­to dun edi­fi­cio»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS - VÍC­TOR ÁLVAREZ FUN­DA­DOR Y CEO DE SI­TUM

«Vi­mos que os sis­te­mas que exis­tían eran moi ca­ros e iso era un pro­ble­ma». Así que o gru­po de in­ves­ti­ga­ción de Víc­tor Álvarez no Ci­tius, que usa­ba os sis­te­mas de localización GPS en in­te­rio­res pa­ra axu­dar a si­tuar­se a un ro­bot que es­ta­ban cons­truín­do, pú­xo­se a tra­ba­llar. É a ori­xe de Si­tum Tech­no­lo­gies, un­ha start up com­pos­te­lá que ten xa un ca­dro de per­soal com­pos­to por 18 per­soas.

—Ve­ñen me­llo­rar un sis­te­ma que en reali­da­de xa es­ta­ba in­ven­ta­do.

— Era un pro­ble­ma e por iso os no­sos cen­tros co­mer­ciais, os no­sos hos­pi­tais e os no­sos ae­ro­por­tos non dis­po­ñían dese sis­te­ma, por­que non ha­bía eses car­tos e hai ou­tras prio­ri­da­des pa­ra eses edi­fi­cios. O no­so ob­xec­ti­vo era conseguir un sis­te­ma eco­nó­mi­co que non in­ter­fi­ra coas prio­ri­da­des de gas­to deses edi­fi­cios e que o poi­dan usar pa­ra me­llo­rar a vi­da dos que usan eses edi­fi­cios: vi­si­tan­tes, do­cen­tes, pa­sa­xei­ros dun ae­ro­por­to...

—¿En que mo­men­to de­ron o sal­to da in­ves­ti­ga­ción á em­pre­sa?

—Co­mo in­ves­ti­ga­do­res le­va­mos no­ve anos e co­mo em­pre­sa tres. A de­ci­sión to­mou­se por­que co­mo em­pe­za­mos de clien­tes, co­ñe­cia­mos os pre­zos e as pro­ble­má­ti­cas. Co­ñe­cia­mos o mer­ca­do e con­se­gui­mos fa­cer al­go no­vo e pen­sa­mos: nós te­mos is­to e o mer­ca­do es­tá pa­gan­do is­to por es­te ti­po de sis­te­mas, así que a opor­tu­ni­da­de de mer­ca­do é moi cla­ra. É co­mo se ti sa­bes o pre­zo dun co­che e in­ven­tas un no­vos coas mes­mas ca­rac­te­rís­ti­cas ou me­llo­res e se po­de co­mer­cia­li­zar po­la me­ta­de de pre­zo. Te­ñas vo­ca­ción em­pre­sa­rial ou non, sal­ta un­ha lám­pa­da na ca­be­za e pen­sas que non po­de que­dar aquí.

—Ven­día­se só.

— Ti­ve­mos sor­te ao pou­co de em­pe­zar de ato­par­nos con Uni­ris­co, que es­tá moi afei­to a ato­par­se con per­fís co­ma nós, xen­te moi téc­ni­ca, pe­ro con ca­ren­cias na par­te em­pre­sa­rial e axu­dan. É moi di­fí­cil ven­der e sen ex­pe­rien­cia é aín­da máis, pe­ro non nos vai mal.

Víc­tor é ta­mén in­ves­ti­ga­dor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.