«Coa Fes­ta La­bre­ga re­me­mo­ra­mos os tem­pos de an­tes, sen tan­to es­trés»

Des­de mañá ata o do­min­go en Lan­dro­ve vol­ve­rán aos anos 50 sen que fal­te de na­da

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - ORGULLO MARIÑANO - YO­LAN­DA GAR­CÍA

Tem­po atrás, nos anos 50, o mun­do ru­ral era di­fe­ren­te a co­mo o ve­mos ho­xe en día. Pe­ro hai quen ten nos­tal­xia e morriña da­quel mo­do de vi­da. Car­men Va­re­la, na­mo­ra­da de Lan­dro­ve, de 29 anos de ida­de, pre­si­den­ta da A.C.D. Pe­que­nos Pa­sos, pen­sou un día en reivin­di­car ese sen­ti­men­to «slow» fon­da­men­te arrai­ga­do nas al­deas e que nun­ca de­be­ria­mos ter dei­xa­do atrás. Así na­cía a Fes­ta La­bre­ga que do 13 ao 15 che­ga­rá á súa ter­cei­ra edi­ción, con Olim­pia­das Ru­rais in­clui­das.

—Fa­rán a edi­ción nú­me­ro 3. Can­do che­guen á 30, co­mo cre que es­ta­rá o mun­do ru­ral da­que­la?

—Des­apa­re­ci­do, creo. Con es­ta fes­ta que­re­mos re­me­mo­rar tem­pos de an­tes, vol­ver atrás e in­ten­tar «vi­vir» o que vi­vi­ron nos anos 50 pe­ro con al­go de hu­mor.

—É que da­que­la, real­men­te, ha­be­ría «pe­nu­rias» no ru­ral.

—Por iso. Can­do fi­xe­mos a aso­cia­ción foi pa­ra que a xen­te se ri­ra, de fei­to os vi­deos pro­mo­cio­nais da fes­ta son así. Nos anos 50, su­po­ño, es­ta­rían can­sos de tra­ba­llar, do tra­ba­llo á ca­sa e da ca­sa ao tra­ba­llo...

—Ta­mén as fes­tas se vi­vi­rían dou­tro xei­to, moi di­fe­ren­te a ho­xe.

—Se­gu­ro pa­ra eles un­ha fes­ta era moi­to me­llor que to­do o que or­ga­ni­za­mos nós ago­ra. Ho­xe pa­re­ce que nos fai fa­lla to­do, per­mi­sos de to­do ti­po, et­cé­te­ra.

—E da­que­la dis­fru­ta­ban das fes­tas, ade­máis sen mó­bil no pe­to.

—Si! Dis­fru­ta­ban da fes­ta sen an­dar pen­den­tes do mó­bil. Ata o pro­pu­xen na di­rec­ti­va, un­ha fes­ta sen mó­bil pe­ro se po­ño «prohi­do mó­bil» da­que­la non te­ño a nin­guén na fes­ta, se­gu­ro.

—Ve­se que hai un sen­ti­men­to de or­gu­llo ru­ral. Que que­ren reivin­di­car ao mes­mo tem­po?

—Pois a tran­qi­li­da­de da­que­la épo­ca, non ha­bía tan­to es­trés. De fei­to, ago­ra có­lles­me co­men­do. O tem­po non es­ta­ba mar­ca­do, ho­xe vi­vi­mos nun es­trés con­ti­nuo.

—Un­ha fes­ta, ade­mais, con es­pí­ri­to de­por­ti­vo: Olim­pia­das.

—Na­ce­ron coa idea de que non ha­xa com­pe­ti­ción du­ra. Ao con­tra­rio, cam­bia­mos o xo­go es­te ano pa­ra que nin­guén se en­fa­de e a xen­te se ría, con xo­gos de an­tes... O ano pa­sa­do, de ca­chon­deo

si pe­ro «a min da­me pun­tos que que­ro ga­ñar». Ve­ñen equi­pos de ou­tras pa­rro­quias, te­ño o cu­po cheo. Es­te ano te­mos cin­co.

—Es­te ano, hou­bo vi­deo?

—Si e gus­tou bas­tan­te. Ten bas­tan­tes li­kes nas re­des. E foi o ano que máis cha­ma­das ti­ven.

Car­men Va­re­la, nun­ha foto en bran­co e ne­gro co­ma nas instantáneas de an­tes e ves­ti­da de la­bre­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.