Moncho de Cos­me

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - Su­so Fer­nán­dez Cro­nis­ta ofi­cial de Foz

Oxor­nal de on­te in­for­ma­ba do pa­sa­men­to de don Ra­món Mar­ful Ro­drí­guez, fo­ce­go de Mar­zán, cre­go que ó lon­go da vi­da re­xiu di­ver­sas pa­rro­quias e nun­ha de­las, a ve­ci­ña Bu­re­la per­ma­ne­ce­ra pre­to de vin­te anos, on­de se fi­xo moi res­pec­ta­do e que­ri­do po­las xen­tes da in­dus­trio­sa vi­la, da­das as do­tes hu­ma­nas que den­de a mais tem­pe­rá ida­de o ador­na­ban. A súa bo­no­mía; a hu­mil­da­de, o ta­lan­te dia­lo­gan­te con to­dos, sen ti­po al­gún de dis­cri­mi­na­ción; o hu­mor re­tran­quei­ro, que sem­pre o acom­pa­ña­ba; a súa ho­nes­ti­da­de e al­truis­mo fa­cían del per­soei­ro sin­gu­lar, sem­pre iden­ti­fi­ca­do coa pro­ble­má­ti­ca: as ven­tu­ras e des­ven­tu­ras dos po­bos nos que exer­cía a la­bor de apos­to­la­do; coas súas ne­ce­si­da­des ou as­pi­ra­cións, xa fo­sen de or­de la­bo­ral, so­cio­eco­nó­mi­cas, cul­tu­rais-de­por­ti­vas e, en xe­ral, en can­to pui­de­ra in­ci­dir nun­ha me­llo­ra pa­ra a vi­da da ve­ci­ñan­za.

A tris­te nova circu­lou por Foz co­mo re­guei­ro in­for­ma­ti­vo; pa­ra al­gúns ve­llos do lu­gar, máis des­in­for­ma­dos, hou­bo que acla­rar a per­so­na­li­da­de de quen se tra­ta­ba, coa no­mi­na­ción en­tra­ña­ble dos po­bos: “Fa­la­mos de Moncho de Cos­me…”. Acla­ra­do!

O cro­nis­ta, un día máis ve­llo ca el, man­ti­vo ó lon­go da vi­da un­ha en­tra­ña­ble ami­za­de e non sa­be por can­to tem­po vai bo­tar de me­nos a gran­de aper­ta que nos dá­ba­mos ca­da vez que se pro­du­cía o en­con­tro. Es­ta­mos se­gu­ros de que o “Mon­chi­ño de Cos­me”, da no­sa tan afas­ta­da ne­nez com­par­ti­da, xa nos olla den­de o ceo. Vaia pa­ra a súa fa­mi­lia, to­dos ben­que­ri­dos ami­gos, un­ha vez máis, a ex­pre­sión da no­sa dor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.