O tem­po

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - Yo­lan­da Gar­cía

Adoi­ta ser un re­cur­so pa­ra ra­char co si­len­cio nun as­cen­sor. Nou­tras oca­sións, na rúa, can­do non sa­be­mos co­mo ini­ciar un­ha con­ver­sa es­pon­tá­nea mi­ra­mos ao ceo e di­ci­mos: «E... pa­re­ce que vai cho­ver». Esa mes­ma fra­se dá pa­so pa­ra fa­cer to­da un­ha aná­li­se me­te­reo­ló­xi­ca so­bre o cam­bio cli­má­ti­co, a se­quía, o frío que agar­da­mos pa­ra fa­cer­nos sen­tir que en ver­da­de es­ta­mos no ou­tono... mil e un­ha ra­zóns pa­ra non que­dar ca­la­dos. Co­mo non sa­bía que te­ma abor­dar nes­tas li­ñas, pen­sei ni­so pre­ci­sa­men­te, en fa­lar do tem­po. Pe­ro cun xi­ro qui­zás non es­pe­ra­do po­lo lec­tor. Fa­lo do tem­po si, pe­ro cro­no­ló­xi­co.

Can­do hai oca­sión de re­vi­sar ca­se a dia­rio a he­me­ro­te­ca, moi­tas ve­ces pen­sa que o cli­ché ideal pa­ra esa sec­ción se­ría «mal­di­ta he­me­ro­te­ca». Can­to máis atrás no tem­po, cen anos ou me­dio sécu­lo, máis me sor­pren­do, ob­via­men­te, das no­ti­cias que se pu­bli­ca­ban da­que­la. Pen­so que moi­to cam­bia­mos nal­gúns as­pec­tos, pe­ro nou­tros na­di­ña de na­da sen­do rea­lis­tas.

Ma­cro­pro­xec­tos que nun­ca che­ga­ron a bo por­to, no­vas que se­guen a es­tar vi­xen­tes, ou­tras que pa­re­ce que «fo­ron on­te», anun­cios su­rrea­lis­tas aos ollos da so­cie­da­de ac­tual co­mo aquel do Sim­ca que di­cía que no fa­mo­so co­che co­llían cin­co xo­ga­do­res de ba­lon­ces­to... E sen cin­to de se­gu­ri­da­de da­que­la épo­ca! Ta­mén ven­se de­cla­ra­cións, por exem­plo, po­lí­ti­cas que se­gu­ro bo­rra­ron da súa me­mo­ria os au­to­res, pe­ro aí que­dan.

Ao fi­nal, aqui­lo de que o tem­po dá e qui­ta ra­zóns éche ben cer­to. Pe­ro tan­to ou máis crer que a vi­da, de vez en can­do, vól­ve­se cí­cli­ca. Un­ha ami­ga fa­lá­ba­me ho­xe do kar­ma, así que non per­da­mos o tem­po... go­ce­mos de ca­da se­gun­do!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.