Ho­me­na­xe a Pe­pe de Bu­rón en Foz

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - *Su­so Fer­nán­dez, Cro­nis­ta Ofi­cial de Foz.

Pro­mo­vi­da po­la Con­ce­lle­ría Mu­ni­ci­pal de Cul­tu­ra ce­le­brou­se, na «Ca­sa do Poe­ta Ma­nuel Ma­ría» en Foz a tan me­re­ci­da ho­me­na­xe a un con­ve­ci­ño no­so, fi­na­do hai al­gún tem­po, a quen to­dos co­ñe­cía­mos por «Pe­pe de Bu­rón». Per­so­na­xe sin­gu­lar, sem­pre dis­cre­to, co­rrec­to e res­pe­tuo­so; aman­te da cul­tu­ra; au­to­di­dac­ta, ex­cep­cio­nal ta­llis­ta na ma­dei­ra e a pedra; obras que dei­xou es­pa­lla­das por dis­tin­tos lu­ga­res, ata mais alá das no­sas fron­tei­ras, ben ex­pre­si­vas das súas do­tes ex­cep­cio­nais nes­te ei­do da ar­te, en boa par­te des­co­ñe­ci­das polo pú­bli­co, pois o seu ca­rác­ter aus­te­ro e re­ser­va­do, alleo a to­do ex­hi­bi­cio­nis­mo fol­cló­ri­co, im­pi­diu que o seu no­me aca­da­se a po­pu­la­ri­da­de da que, po­la súa obra, era me­re­cen­te.

El sa­bía que «non hai vir­tu­de máis emi­nen­te que fa­cer, sen­ci­lla­men­te, o que se ten que fa­cer». E fu­xía de to­do ar­ti­fi­cio.

A ho­me­na­xe foi un éxi­to, por asis­ten­tes e or­ga­ni­za­ción. De aí que ca­be fe­li­ci- tar aos res­pon­sa­bles da mes­ma, e a Xesús do Breo­gán e An­tón Ni­ñe, que sou­be­ron ache­gar aos pre­sen­tes o acer­ta­do re­tra­to da súa per­so­na­li­da­de hu­ma­na e ar­tís­ti­ca; e á súa fa­mi­lia, que fa­ci­li­tou o po­si­ble dun­ha ce­le­bra­ción na que moi­tas per­soas ti­ve­ron co­ñe­ce­men­to de que en Foz te­mos un ar­tis­ta que é hon­ra do no­so po­bo.

Un xor­nal ga­le­go, con da­ta 15.10.17, pu­bli­ca­ba un­ha in­for­ma­ción cu­xos ti­tu­la­res, dín: «Lu­go pre­su­me de Imprenta de Gu­ten­berg: el Cen­tro de Ar­te­sa­nía e Deseño ex­po­ne una ré­pli­ca del ar­ti­lu­gio que en el si­glo XV re­vo­lu­cio­nó Eu­ro­pa, cons­truí­da en sus ta­lle­res y que pron­to se­rá la ter­ce­ra fun­cio­nan­do en Es­pa­ña: una en Urue­ña (Va­lla­do­lid) y otra en la Co­mu­ni­da­de de Ma­drid; “can­do se con­si­ga po­ñer en mar­cha o ar­te­fac­to lu­gués – di o xor­nal -- a bó se­gu­ro Lu­go e a súa ar­te­sa­nía se­gui­rán na van­gar­da”.

A imprenta en ma­dei­ra de Pe­pe

Un lo­gro con­se­gui­do en Foz—de­ci­mos nós— hai pre­to de 50 anos, que se pre­sen­ta­ra aquí; obra dun fo­ce­go, a que era a pri­mei­ra ré­pli­ca en ma­dei­ra da Gu­ten­berg rea­li­za­da en Ga­li­cia.

Era o ano 1970, es­te cro­nis­ta fo­ra no­mea­do pre­si­den­te da co­mi­sión de fes­tas do ve­rán se­guin­te, no desexo de in­tro­du­cir no pro­gra­ma un nú­me­ro cul­tu­ral e po­pu­lar, pen­sou que po­de­ría ser un­ha mag­na fei­ra de ar­te­sa­nía, cun­ha atrac­ti­va no­vi­da­de: os ar­te­sáns tra­ba­llan­do á vis­ta do pú­bli­co, mo­da­li­da­de da que se­ría­mos pio­nei­ros. Nis­tes in­tres sou­be­mos que Pe­pe de Bu­rón es­ta­ba a rea­li­zar un­ha imprenta en ma­dei­ra, ré­pli­ca da his­tó­ri­ca Gu­ten­berg, que im­pri­mi­ría á vis­ta dos vi­si­tan­tes, o que in­tuí­mos co­mo gran­de atrac­ti­vo. Con­vi­ñe­mos con el a da­ta da inau­gu­ra­ción da fei­ra, na que ti­ña que es­tar a imprenta, o que lle esi­xía re­do­brar o es­for­zo pa­ra ter a obra a pun­to. E así foi. A Gu­ten­berg fo­ce­ga, rea­li­za­da por Pe­pe de Bu­rón, foi a maior atrac­ción da­que­la fei­ra po­la que pa­sa­ran mi­llei­ros de vi­si­tan­tes, e que ti­ve­ra un­ha gran­de re­per­cu­sión nos me­dios de co­mu­ni­ca­ción: pren­sa, ra­dio e

TVE. Hai ca­se… ¡50 anos!.. ¡A má­xi­ma fi­gu­ra de­la fo­ra Pe­pe de Bu­rón! Des­bor­dan­te éxi­to da súa imprenta en per­ma­nen­tes de­mos­tra­cións de im­pre­sións en pa­pel, con ti­pos de le­tra en ma­dei­ra ta­lla­da polo ar­te­sán fo­ce­go. ¡Al­go nun­ca vis­to ata en­tón!

I Fei­ra da Ar­te Po­pu­lar Ga­le­ga en Foz

Des­co­ñe­ce­mos se o Cen­tro de Ar­te­sa­nía e Deseño lu­gués, de­pen­den­te da Depu­tación, lo­grou o ob­xe­ti­vo de emu­lar a obra de Pe­pe de Bu­rón en to­da a súa di­men­són, rea­li­za­da hai me­dio sécu­lo, va­lén­do­se das mais ru­di­men­ta­rias fe­rra­men­tas, al­gun­ha das que, pre­via­men­te, el mes­mo ti­ve­ra que cons­truir. A 1ª Fei­ra da Ar­te Po­pu­lar Ga­le­go, asi cha­ma­da por su­xe­ren­cia de Isaac Díaz Par­do, fo­ra dun éxi­to ex­cep­cio­nal. Máis dun cen­to de ar­te­sáns (só o ma­cro-stand da Ciu­dad de los Mu­cha­chos al­ber­ga­ba máis da me­ta­de); e os mais pres­ti­xo­sos, che­ga­dos de dis­tin­tos lu­ga­res da no­sa te­rra, en la­bo­rio­sa lo­ca­li­za­ción por par­te dos or­ga­ni­za­do­res. A fei­ra ti­vo tres edi­cións (1971-72 e 73 cun­ha du­ra­ción de 3 días ca­da un­ha. E ne­las, por vez pri­mei­ra des­pois da Gue­rra Ci­vil, on­dea­ra en Foz a ban­dei­ra ga­le­ga, en ac­to pú­bli­co e mul­ti­tu­di­na­rio.

O pin­tor lu­gués Luis G. Pa­cios, que na ci­da­de im­par­tía cra­ses, fi­xo un­ha atrac­ti­va mos­tra dos seus dis­cí­pu­los; Sar­ga­de­los, que a pe­nas le­va­ba un par de anos cos seus pro­duc­tos no mer­ca­do, mon­tou o que era un cha­ma­ti­vo e no­vi­do­so stand, e a re­de de Te­le­clubs, da que á sa­zón era ase­sor Luis Cor­dei­ro, mon­ta­ra un­ha es­plén­di­da mos­tra, ta­mén iné­di­ta e moi exi­to­sa… O ca­tá­lo­go da­que­la sor­pren­den­te fei­ra non re­ma­ta­ba aquí… a súa es­tre­la máis ru­ti­lan­te fo­ra Pe­pe de Bu­rón, o fo­ce­go a quen con to­da xus­ti­za aca­ba­mos de ho­me­na­xear. No­ra­boa. Na­que­la fei­ra hai que bus­car as ori­xes ade­máis de O Fei­ti­zo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.