Pre­sen­tan a cuar­ta edi­ción das Olim­pia­das Ru­rais de Lan­dro­ve, en Vi­vei­ro

Se­rán a pró­xi­ma fin de se­ma­na do ven­res 21 ao do­min­go, 23, no cam­po da festa con mú­si­ca e com­pe­ti­ción

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - S. C.

On­te pola tar­de pre­sen­to­use no Con­ce­llo de Vi­vei­ro un­ha no­va edi­ción, a cuar­ta, das Olim­pia­das Ru­rais que se ce­le­bra­rán en Lan­dro­ve a vin­dei­ra fin de se­ma­na, do 21 ao 23.

O ven­res, pri­mei­ro día, ac­tua­rá un­ha cha­ran­ga e te­rá lu­gar o pren­di­do da cha­ma olím­pi­ca, co­mo co­rres­pon­de nes­tes ac­tos; cha­ma que pren­de­rá a al­cal­de­sa Ma­ría Lou­rei­ro ás 21.30. Des­pois ac­tua­rá a cha­ran­ga Os do 21.

O sá­ba­do se­rá o día cen­tral, gran­de, con se­sión ver­mú pre­via ás Olim­pia­das Ru­rais pro­pia­men­te. Des­pois dun­ha tar­de de com­pe­ti­cións en­xe­bres, te­rá lu­gar á noi­te un­ha cea la­bre­ga, na que non fal­ta­rá a mú­si­ca co gru­po La No­che e coa ac­tua­ción de Ve­ró­ni­ca Cam­bón.

Es­ta mes­ma mo­za ar­tis­ta, Ve­ró­ni­ca Cam­bón, ta­mén ac­tua­rá o do­min­go, úl­ti­mo día de festa das Olim­pia­das, du­ran­te un­ha co­mi­da la­bre­ga. Ha­be­rá pre­mios, na­tu­ral­men­te, para os me­llo­res atle­tas la­bre­gos. As or­ga­ni­za­do­ras ta­mén si­na­la­ron que ha­be­rá xo­gos e atrac­cións in­fan­ti­les no cam­po da festa para os máis pe­que­nos.

Na­da, que es­ta festa pe­cu­liar, en­xe­bre, es­tá arrai­gan­do en Lan­dro­ve e pre­ve­se ani­ma­da e moi par­ti­ci­pa­ti­va.

X. RAMALLAL

Pre­sen­ta­ción on­te no con­ce­llo das Olim­pia­das Ru­rais, as or­ga­ni­za­do­ras con Ma­ría Lou­rei­ro.

X. R. / P. L.

Ima­xe da festa das Olim­pia­das Ru­rais na pa­sa­da edi­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.