«Pa­ra os alum­nos é un­ha ex­pe­rien­cia, de re­la­ción so­cial, apren­di­za­xe e des­en­ro­lo»

O vin­dei­ro luns abre a ins­crip­ción no curso que or­ga­ni­za o Con­ser­va­to­rio de Vi­vei­ro pa­ra per­soas con dis­ca­pa­ci­da­de

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA -

Ins­crip­ción den­de o luns 17 ata o ven­res 21 • Na Se­cre­ta­ría do cen­tro, de 9.00 a 14.00 ho­ras•As cla­ses du­ra­rán de ou­tu­bro a xu­ño • Den­tro da ofer­ta do Con­ser­va­to­rio Pro­fe­sio­nal de Mú­si­ca de Vi­vei­ro, un­ha é sin­gu­lar po­lo pú­bli­co ao que es­tá di­ri­xi­da. Trá­ta­se do curso «Mú­si­ca e ca­pa­ci­da­des di­fe­ren­tes» no que se po­den ins­cri­bir per­soas con al­gun­ha dis­ca­pa­ci­da­de, ben se­xa fí­si­ca ou in­te­lec­tual. Ós­car Fer­nán­dez é o pro­fe­sor por ter­cei­ro ano de di­to curso, tras un­has ex­pe­rien­cias piloto que re­sul­ta­ron cla­ve pa­ra se­guir.

—Cal é o ob­xec­ti­vo da clase?

—O curso pre­ten­de ache­gar a mú­si­ca e abrir o con­ser­va­to­rio á for­ma­ción non re­gla­da. Non hai lí­mi­te de ida­de.

—Pa­ra per­soas con dis­ca­pa­ci­da­de, a mú­si­ca apor­ta­rá ade­máis múl­ti­ples be­ne­fi­cios...

—A mú­si­ca é moi be­ne­fi­cio­sa pa­ra que des­en­ro­len as súas ca­pa­ci­da­des psi­co­mo­to­ras, afec­ti­vas, cog­ni­ti­vas, et­cé­te­ra. Ade­máis, axú­da­lles a re­la­cio­nar­se, por­que non van tan­to a apren­der se­nón a pa­sa­lo ben coa mú­si­ca. O curso, ade­máis, ten un fun­cio­na­men­to moi lú­di­co e ameno, aín­da que al­gúns van máis en se­rio e a apren­der ins­tru­men­to.

—Co­mo foi o re­sul­ta­do dos cur­sos an­te­rio­res?

—O ano pa­sa­do eran 19 alum­nos, en­tre 6 e 70 anos. En­cán­ta­lles! Os que co­me­zan soen re­pe­tir to­dos. Pa­ra eles é un­ha ex­pe­rien­cia, re­la­ción so­cial, apren­di­za­se e des­en­ro­lo per­soal a tra­vé da mú­si­ca.

—Pa­ra o pro­fe­sor, que su­pón?

—Eu ta­mén vou apren­den­do de­les e com­par­ti­mos mú­si­ca. Son o con­du­tor do pro­ce­so pe­ro é al­go de do­ble vía. O ano pa­sa­do fi­xe­mos un fes­ti­val en xu­ño no Tea­tro con Eu Son Band, que ta­mén le­vo eu.

—Es­tá nas fes­tas de Area!

—É xe­nial! E re­cen­te­men­te ac­tua­mos en Osa do Mar, to­ca­mos en co­le­xios, na Uni­ver­si­da­de da Co­ru­ña, gús­ta­nos moi­to saír á rúa e sor­pren­der

aos vian­dan­tes co­mo xa fi­xe­mos nas vilas de arre­dor. Pou­co a pou­co, van­se for­man­do un pe­queno no­me no cir­cui­to de con­cer­tos. Eles dis­fru­tan moi­to e to­man o gru­po de for­ma pro­fe­sio­nal, os en­saios moi en se­rio e veno co­mo un­ha for­ma de ex­pre­sión ar­tís­ti­ca, pa­ra ex­pre­sar a súas ideas e sen­te­men­tos. Ata te­mos te­mas pro­pios. Apré­cia­se nos di­rec­tos, aos que lles po­ñen moi­ta emo­ción. É moi bo­ni­to e emo­ci­nan­te ve­lo. —E te­ñen ac­tua­do con True Moun­tains, Lau­ris­ka, Ba­tu­ko... —En­ten­de­mos o pro­xec­to dun­ha for­ma in­clu­si­va, no que par­ti­ci­pan alum­nos con dis­ca­pa­ci­da­de pe­ro tra­ta­mos de in­cluir mú­si­cos que quei­ran com­par­tir as súas mú­si­cas con nós. Te­mos un­ha ma­que­ta xa, te­mos un te­ma que con­si­de­ra­mos o no­so himno,

Eu son di­fe­ren­te, que fi­xe­mos con True Moun­tains. —Che­ga­rá a ha­ber dis­co lo­go?

—Xa se ve­rá. Nós imos se­guir.

XAI­ME F. RAMALLAL

Ós­car Fer­nán­dez.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.