O BNG fa­la de «men­ti­ras e ver­da­des» no con­fli­to e cri­ti­ca a ac­ti­tu­de da em­pre­sa

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA -

O por­ta­voz do BNG de Cer­vo, Die­go Fer­nán­dez, en­vía un­ha lon­ga car­ta na que fa­la de «men­ti­ras e ver­da­des» no con­fli­to de Sar­ga­de­los e na que cri­ti­ca a ac­ti­tu­de da em­pre­sa, en par­ti­cu­lar do pro­pie­ta­rio ac­tual.

«A pri­mei­ra e gran men­ti­ra de to­da es­ta his­to­ria é a da exis­ten­cia de pre­sión sin­di­cal en Sar­ga­de­los. Non é máis ca un dos moi­tos in­ven­tos de Se­gis­mun­do Gar­cía pa­ra des­viar a aten­ción das súas ver­da­dei­ras in­ten­cións. To­do o mun­do o sa­be en Cer­vo, a com­ba­ti­vi­da­de sin­di­cal en Sar­ga­de­los é, e sem­pre foi, nu­la. Os car­tos que le­va pa­ga­do a Fá­bri­ca de Sar­ga­de­los po­la su­pos­ta con­fli­ti­vi­da­de sin­di­cal son só con­se­cuen­cia de sen­ten­zas xu­di­ciais fir­mes con­tra ERE in­co­rrec­tos e de des­pe­di­men­tos ar­bi­tra­rios e ile­gais pro­vo­ca­dos po­la irres­pon­sa­bi­li­da­de e ne­gli­xen­cia de Se­gis­mun­do Gar­cía, un se­ñor que ase­gu­ra co­ñe­cer as leis pe­ro que des­pre­za e in­cum­pre as máis bá­si­cas nor­ma­ti­vas la­bo­rais. Per­de un­ha tras ou­tra tó­da­las re­cla­ma­cións que os tra­ba­lla­do­res des­pe­di­dos in­ter­po­ñen, pe­ro el non ten a cul­pa: son os sin­di­ca­tos, a Ins­pec­ción de Tra­ba­llo, os xuí­ces, son as leis des­te país que, se­gun­do el, fa­vo­re­cen de­ma­sia­do aos tra­ba­lla­do­res», si­na­la o con­ce­llei­ro do BNG.

Ata­ques «des­pia­da­dos»

«Es­ta úl­ti­ma va­ga de ata­ques desapia­da­dos con­tra os de­rei­tos dos tra­ba­lla­do­res e con­tra o pres­ti­xio de Sar­ga­de­los ini­ciou­se po­la sos­pei­ta dun­ha po­si­ble de­nun­cia oí­da nun­ha con­ver­sa in­for­mal. E a raíz dun asun­to tan tri­vial e inofen­si­vo co­me­za­ron os des­pe­di­men­tos de tra­ba­lla­do­res e tra­ba­lla­do­ras que na­da ti­ñan que ver co asun­to, acom­pa­ña­dos de amea­zas de pe­che da em­pre­sa. Es­te mal cha­ma­do em­pre­sa­rio reac­cio­na an­te a máis li­xei­ra sos­pei­ta de dis­cre­pan­cia con cas­ti­gos co­lec­ti­vos e amea­zas apo­ca­líp­ti­cas to­tal­men­te des­me­di­das. Está cla­ro que se tra­ta dun­ha es­tra­te­xia cun ob­xec­ti­vo dis­tin­to: ne­ce­si­ta cul­par a al­guén pa­ra aga­char a súa es­cu­ra pla­ni­fi­ca­ción so­bre o fu­tu­ro de Sar­ga­de­los. Á par­te da ile­ga­li­da­de que su­pón e dos po­si­bles de­li­tos con­tra os de­rei­tos dos tra­ba­lla­do­res trá­ta­se dun­ha ca­za de bru­xas in­to­le­ra­ble», en­ga­de Die­go Fer­nán­dez.

El cul­pa­ble

«Per­mi­tí­de­me que mal­gas­te un pou­co de es­pa­zo des­te ar­ti­go-berro pa­ra di­ri­xir­me di­rec­ta­men­te ao cul­pa­ble des­te desas­tre, o cal me cha­mou a pa­sa­da se­ma­na pa­ra ofre­cer­me as súas ac­cións po­lo mes­mo va­lor que el as com­pra­ra: sr. Gar­cía —vouno tra­tar de vos­te­de, tal e co­mo me esi­xiu coas súas ma­nei­ras pre­po­ten­tes e au­to­ri­ta­rias na ri­dí­cu­la cha­ma­da te­le­fó­ni­ca que re­ci­bín, pe­ro non por nin­gún in­di­cio de res­pec­to que vde. non me­re­ce, se­nón por re­sal­tar a dis­tan­cia que nos se­pa­ra, que é a que vai da dig­ni­da­de á in­dig­ni­da­de, da de­cen­cia á to­tal fal­ta de es­crú­pu­los que o ca­rac­te­ri­za—, pois iso, Sr. Gar­cía, es­tí­veno ca­vi­lan­do e non, non lle vou com­prar as súas ac­cións na em­pre­sa. Bo­tei con­tas e o meu sa­la­rio de obrei­ro hon­ra­do non me dá pa­ra aco­me­ter esa cla­se de aven­tu­ras. Créa­me que me pro­du­ci­ría un­ha enor­me sa­tis­fac­ción con­se­guir apar­ta­lo da xes­tión de Sar­ga­de­los, pe­ro, co­mo Vde. xa sa­bía can­do fi­xo ese ofre­ce­men­to pro­vo­ca­dor e fan­fa­rrón, ca­re­zo dos car­tos e da vo­ca­ción em­pre­sa­rial su­fi­cien­te pa­ra dar­me ese gus­to. Mais, de­be­ría ter Vde. o va­lor su­fi­cien­te de am­pliar ese ofre­ce­men­to a quen si es­tea en con­di­cións de acep­ta­lo», ex­pre­sa.

«Re­gre­so da di­gre­sión pa­ra pe­tar na con­cien­cia do po­bo de Cer­vo, que tan­to lle de­be a Sar­ga­de­los, ao ver­da­dei­ro e fe­cun­do Sar­ga­de­los, ao que in­ven­ta­ron Isaac Díaz Par­do e Luís Seoane e que o es­for­zo das fa­mi­lias cer­ven­ses fi­xo agro­mar con ale­gría e ta­mén ele­va­do be­ne­fi­cio eco­nó­mi­co, cla­ro está. Te­mos que de­fen­der a Fá­bri­ca que en­tre to­dos cons­truí­mos, que nos pu­xo no mun­do, que creou un­ha mar­ca (SAR­GA­DE­LOS) cun va­lor in­cal­cu­la­ble a ni­vel mun­dial, un­ha ri­que­za e be­nes­tar que ago­ra nos que­re arre­ba­tar vos­te­de, que só que­re ob­ter ren­de­men­to ao seu in­ves­ti­men­to a cos­ta de ma­tar Sar­ga­de­los», ma­ni­fes­ta Die­go Fer­nán­dez, que fi­nal­men­ten ta­mén ex­pre­sa o seu apoio a Ro­ge­lia Ma­ri­ña.

«De­be­ría ter o va­lor su­fi­cien­te de am­pliar ese ofre­ce­men­to (com­prar a em­pre­sa) a quen si es­tea en con­di­cións de acep­ta­lo» «Te­mos que de­fen­der a fá­bri­ca que en­tre to­dos cons­truí­mos, que nos pu­xo no mun­do, que creou un­ha mar­ca de va­lor in­cal­cu­la­ble, Sar­ga­de­los»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.