«A acús­ti­ca é im­pre­sio­nan­te. Es­coi­tar mú­si­ca en San Mar­ti­ño é un pra­cer»

Ho­xe hai un­ha opor­tu­ni­da­de de go­zar cun con­cer­to de Vi­vid Con­sort na ba­sí­li­ca

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - YO­LAN­DA GAR­CÍA

Ho­xe en día hai tra­ba­llos de moi di­ver­sas ca­rac­te­rís­ti­cas pe­ro que o ofi­cio dun te­ña un mar­co con tan­to en­can­to, va­lor e his­to­ria de­trás, e no que se res­pi­re tan­ta cal­ma, é al­go que non su­ce­de to­dos os días. De­sa gran sor­te dá­se con­ta ca­da día e en ca­da vi­si­ta Sil­via Blach, co seu posto la­bo­ral nin máis nin me­nos que na ca­te­dral ca­tó­li­ca más an­ti­ga de Es­pa­ña. É guía de San Mar­ti­ño de Mon­do­ñe­do, en Foz.

—Nes­te domingo, ade­máis, hai con­cier­to na ba­sí­li­ca. Un es­ce­na­rio per­fec­to pa­ra a mú­si­ca, non?

—A mú­si­ca en San Mar­ti­ño sem­pre é ca­se me­llor que en cal­que­ra ou­tro si­tio, pen­so, por­que a acús­ti­ca aquí é im­pre­sio­nan­te. Es­coi­tar mú­si­ca en San Mar­ti­ño é un pra­cer. No Ro­má­ni­co non ha­bía mi­cró­fo­nos e ha­bía que pro­xec­tar a voz. A for­ma na que se cons­truíu San Mar­ti­ño fo­men­ta esa pro­xec­ción. Es­ta­mos a es­tu­dar o por­qué de­sa boa acús­ti­ca.

—O ve­rán está a pun­to de re­ma­tar. Co­mo foi en vi­si­tas?

—Con­si­de­ran­do co­mo foi o ve­rán ma­ri­ñán (po­lo cli­ma), es­ta­mos con­ten­tos. Au­men­ta­mos as vi­si­tas guia­das á ba­sí­li­ca e ao mu­seo den­de o ano pa­sa­do; man­tí­vo­se a afluen­cia. En xu­ño fo­ron 2.435, en xu­llo 4.851, en agos­to 8.604 e den­de o día 1 de se­tem­bro máis de 1.600. Pen­so que pa­sa­re­mos das 17.000 por­que o ano pa­sa­do xa ti­ve­mos arre­dor de 2.500 no mes de se­tem­bro.

—Que lle fal­ta aín­da a San Mar­ti­ño pa­ra que se re­va­lo­ri­ce máis?

—Non lle fal­ta na­da pa­ra re­va­lo­ri­zar, pe­ro sem­pre se po­den fa­cer moi­tas cou­sas. Es­ta­mos fa­cen­do char­las so­bre ar­te, o Ro­má­ni­co, es­ti­ve­ron Blan­co Bes­tei­ro, Ma- nuel Cas­ti­ñei­ras... A fi­nais do mes de se­tem­bro imos fa­cer máis; es­ta­mos tra­ba­llan­do pa­ra que po­lo me­nos ha­xa un­ha char­la ao mes.

—Que se oe por de­trás, Sil­via?

—As cam­pás (so­rrí).

—Esa se­rá, por di­ci­lo dal­gun­ha ma­nei­ra, a súa se­gun­da ca­sa.

—Ca­se. Pa­so máis ho­ras aquí que na mi­ña ca­sa, pe­ro é un pra­cer. No ve­rán non pa­ras quie­ta pe­ro no in­verno non hai tan­to ago­bio aín­da que te­mos bas­tan­tes vi­si­tas e po­des ter cin­co mi­nu­tos pa­ra mi­rar e pa­sear...

—De­be ata axu­dar a qui­tar­se un o es­trés de en­ri­ba, ver­da­de?

—A xen­te di que en­tra con moi­ta paz, que pa­re­ce que San Mar­ti­ño che trae a paz ao es­pí­ri­to. Sem­pre digo que se to­das as vi­si­tas do ano se es­pa­lla­ran e non fo­se tan­ta a con­cen­tra­ción no ve­rán, al­go que ta­mén pre­ten­de­mos, aín­da

—Abo­fé que oe ri­si­ñas can­do ve­ñen as vi­si­tas es­co­la­res e fa­la dese te­ma en con­cre­to.

—Aos es­co­la­res tes que fa­cer que lles in­tere­se e con­tar­lles len­das e his­to­rias do tem­plo e a cons­truc­ción, por­que non te­ñen que ve­lo co­mo un «ro­llo» ar­qui­tec­tó­ni­co e ar­tís­ti­co, se­nón que te­ñen que apre­cia­la, ver os ca­pi­teis, co­ñe­cer a len­da do Bis­po San­to... E as len­das sem­pre ca­lan máis ne­les.

PE­PA LO­SA­DA

Sil­via Blach coas pin­tu­ras mu­rais de San Mar­ti­ño de­trás.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.