«No Hos­pi­tal da Cos­ta non des­apa­re­ce­rá nin­gun­ha praza de es­pe­cia­lis­tas nin de per­soal sa­ni­ta­rio»

Ra­món Ares XERENTE DA ÁREA DE XES­TIÓN IN­TE­GRA­DA

La Voz de Galicia (Viveiro) - - Portada - MARÍA CUA­DRA­DO BU­RE­LA / LA VOZ

«Si uni­mos to­do te­mos máis múscu­lo, so­mos máis for­tes»

«Os prin­ci­pais cam­bios que in­tro­du­ce o an­te­pro­xec­to de lei po­lo que se mo­di­fi­ca a Lei 8/2008, do 10 de xu­llo, de Saú­de de Ga­li­cia, te­ñen co­mo ob­xec­ti­vo axus­tar a le­xis­la­ción á reali­da­de e si­túan aos hos­pi­tais co­mar­cais co­mo mar­co de re­fe­ren­cia, re­for­zan­do o seu pa­pel». Fron­te ás pro­tes­tas po­la su­pre­sión de área sa­ni­ta­ria da Ma­ri­ña, es­ta é a men­sa­xe que reite­ran des­de o Ser­gas e que ra­ti­fi­ca Ra­món Ares, xerente da área de xes­tión in­te­gra­da de Lu­go, Cer­vo e Mon­for­te.

—¿Cre que a ci­da­da­nía es­tá in­for­ma­da do que su­po­rá o cam­bio? —Es­pe­ro que si. Non sei se real­men­te é co­ñe­ce­do­ra do que se que­re fa­cer e de que re­per­cu­sións po­de ter [..] Me­llo­rar a asis­ten­cia sa­ni­ta­ria e a re­so­lu­ción dos pro­ble­mas asis­ten­ciais é a no­sa ra­zón de ser e de tra­ba­llar. —O con­se­llei­ro de Sa­ni­da­de ase­gu­rou que a re­for­ma da Lei de Saú­de vai per­mi­tir in­cre­men­tar a ofer­ta de re­cur­sos asis­ten­ciais nos hos­pi­tais co­mar­cais, ¿po­de con­cre­tar que se fa­rá en Bu­re­la? —Pre­ten­de nor­ma­li­zar ou dar­lle ran­go nor­ma­ti­vo á reali­da­de que xa te­mos ho­xe en día. Des­de hai uns ca­tro anos tra­ba­lla­mos cun mo­de­lo de xes­tión de es­tru­tu­ra in­te­gra­da cunha xe­ren­cia úni­ca na que es­tán in­te­gra­dos di­fe­ren­tes hos­pi­tais e aten­ción pri­ma­ria. É un mo­de­lo po­lo que se apos­tou no Ser­gas e en moi­tos ser­vi­zos de saú­de do res­to de Es­pa­ña e ta­mén en paí­ses eu­ro­peos do no­so en­torno. No Hos­pi­tal da Cos­ta vai­nos per­mi­tir in­cre­men­tar a car­tei­ra de ser­vi­zos. Por exem­plo, en ser­vi­zos co­mo on­co­lo­xía fo­mos ca­pa­ces de mon­tar un hos­pi­tal de día e con­sul­tas, de con­so­li­dar ou­tros ser­vi­zos que exis­tían apor­tan­do pra­zas do con­xun­to da EOXI pa­ra que es­tean aquí, pa­ra que non se des­pra­ce o ci­da­dán. Creá­ron­se pra­zas en Of­tal­mo­lo­xía, en Di­xes­ti­vo, en Neu­mo­lo­xía, en Uro­lo­xía... e foi gra­zas a que ou­tras pra­zas da EOXI se pu­xe­ron no Hos­pi­tal da Cos­ta e a que se con­tra­tou xen­te pa­ra esas pra­zas. Si o Hos­pi­tal da Cos­ta o ti­ve­ra que fa­cer de for­ma in­de­pen­den­te e por si só, non o po­de­ría fa­cer. —Pe­ro aín­da se­gui­mos con es­pe­cia­li­da­des cun só pro­fe­sio­nal, co­mo Der­ma­to­lo­xía, En­do­cri­no­lo­xía, Aler­go­lo­xía ... —Es­tá en fun­ción da fre­cuen­ta­ción e da de­man­da. Ao me­llor po­la po­boa­ción que te­mos que asis­tir ou po­la pa­to­lo­xía que te­mos que cu­brir non dá máis. Te­mos que tra­ba­llar pa­ra que a asis­ten­cia, aín­da cun só fa­cul­ta­ti­vo, se­xa me­llor. E po­de­mos fa­ce­lo en di­fe­ren­tes sen­ti­dos, co­mo des­pra­zar ou­tro fa­cul­ta­ti­vo aquí, a Bu­re­la, pa­ra fa­cer cou­sas moi con­cre­tas que ao me­llor cun úni­co es­pe­cia­lis­ta non se po­de­ría fa­cer.

—Hai on­có­lo­gos do HU­LA que se des­pra­zan á Ma­ri­ña. ¿Te­mos es­pe­cia­lis­tas en Bu­re­la que pres­tan ser­vi­zo nou­tros hos­pi­tais? —Pois te­mos al­gún es­pe­cia­lis­ta do Hos­pi­tal da Cos­ta que nos foi axu­dar e es­ti­vo tra­ba­llan­do en cou­sas con­cre­tas con ou­tros es­pe­cia­lis­tas. Si uni­mos to­do te­mos máis múscu­lo, so­mos máis for­tes e po­de­mos tra­ba­llar me­llor. Po­de­mos ga­ran­tir que a ac­ce­si­bi­li­da­de aos ser­vi­zos dos ve­ci­ños da Ma­ri­ña se­xa a mes­ma que a que re­ci­ben os de Lu­go, os de Ou­ren­se... coa mes­ma ca­li­da­de. —¿A que se re­fi­re o con­se­llei­ro can­do di que que­re blin­dar os hos­pi­tais co­mar­cais? —Ata ago­ra a dis­tri­bu­ción te­rri­to­rial que ti­ña­mos por lei es­ta­ble­cía áreas, pe­ro non to­dos os hos­pi­tais ti­ñan asig­na­da un­ha área. Ago­ra a EOXI fa­cé­mo­la equi­pa­ra­ble á area e ha­be­rá tres dis­tri­tos; A Ma­ri­ña, Lu­go e Mon­for­te. E es­ta mo­di­fi­ca­ción es­ta­ble­ce que ca­da dis­tri­to ten un hos­pi­tal. Dá­se­lle es­ta­bi­li­da­de. Pe­se a to­das as quei­xas, o Hos­pi­tal da Cos­ta non des­apa­re­ceu, non per­deu nin­gun­ha car­tei­ra de ser­vi­zos, non per­deu ac­ti­vi­da­de asis­ten­cial e a xen­te ten­se que des­pra­zar me­nos que an­tes.

—¿E por que hai en­tón pro­tes­ta pú­bli­ca con­tra es­te cam­bio? —¿Pú­bli­ca ou de de­ter­mi­na­dos sec­to­res? —Ade­mais de re­pre­sen­tan­tes sin­di­cais ou po­lí­ti­cos, ta­mén se su­man tra­ba­lla­do­res de cen­tros de saú­de e do hos­pi­tal... —De to­das as con­ver­sas e reunións cos tra­ba­lla­do­res e po­lo co­ñe­ce­men­to que te­ño do hos­pi­tal, po­do di­cir que non te­ñen nin­gun­ha dú­bi­da, nin pro­ble­ma en que is­to lles po­da afec­tar ao seu tra­ba­llo, nen á ca­li­da­de asis­ten­cial, nen ás pres­ta­cións do hos­pi­tal, nen ao seu fu­tu­ro. Eu des­prá­zo­me por to­da a pro­vin­cia e en nin­gún sitio te­ñen dú­bi­das. [..] Can­do fa­la­mos con eles ninguén nos ma­ni­fes­ta na­da.

PE­PA LO­SA­DA

Ares vi­si­tou o ven­res o Hos­pi­tal da Cos­ta, on­de man­ti­vo va­rios en­con­tros co per­soal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.