Jornal Cultura

Uanhenga Xitu, im memoriam

-

Aliteratur­a angolana está de loito, tamén a memoria da resistenci­a e tódolos oráculos históricos e revolucion­arios que testemuñan a súa presenza na vida cívica de Angola. O falecement­o de Uanhenga Xitu, heterónimo de Agostinho André Mendes de Carvalho (Icolo e Bengo, 1924Luanda, 2014), representa unha perda de alta dimensión para todo aquilo que se referencia na creación literaria angolana e de alto aprecio en toda a lusofonía. A vida transcende­nte e existencia­l de Uanhenga Xitu comeza moi cedo, mesmo cando percorre todo Angola como enfermeiro, un inicio que connota entender o sufrimento do pobo angolano baixo a opresión colonial. El toma conciencia e implícase na loita de liberación nacional, ampliando seus saberes como estudante de Ciencias Políticas na República Democrátic­a de Alemaña. Regresa a Luanda e participa activament­e en todo o proceso anticoloni­al ate ser detido e xulgado no famoso “Processo dos 50”, sendo enviado ao Campo de Concentraç­ão do Tarrafal (Cabo Verde) entre 1962 e 1970. No Tarrafal estaban outros presos, insignes iguras da literatura angolana e da política do MPLA, como António Jacinto, António Cardoso, Luandino Vieira e o propio Uanhenga Xito, entre tantos outros.

Após da independen­cia de Angola foi Membro do Conselho da Revolução, gobernador da provincia de Luanda, ministro de Saúde, embaixador de Angola en Polonia e membro do Comité Central do MPLA. Estas son as sinais de identidade de Uanhenga Xito en seu paso por diversas responsabi­lidades políticas. Foi unha persoa moi respectada, non adulada, polo seu talento e talante de estar co pobo, caracteriz­ándose por esa humildade e con ese chapeu popular africano, todos lle daban o saúdo de rigor e miramento: “Ó mais velho!”.

Coñecín a Uanhenga Xito nunha visita á Assembleia Nacional Popular de Angola, estaba acompañado polo poeta e antigo preso do Tarrafal, António Cardoso, os dous acompañáro­nme por varias instancias do Comité Central do MPLA e deron testemuña dos anos de contenda e da epopea do cárcere que eles lembraban. Foron días impresiona­ntes para min, ouvir todo aquilo de dúas voces, de dúas grandes iguras que comezaron a redactar a memoria do Campo de Concentraç­ão do Tarrafal e da loita en prol da independen­cia angolana.

Naquela ocasión, as palabras de Uanhenga Xitu luían entre aquel riso tan sensíbel como cativador, que era un don das súas expresións de certeza e amor pola liberdade. Tamén falamos de literatura, de tódolos rexistros que se estaban dando após da independen­cia. El tiña un enorme interese pola literatura galega de contenda contra o franquismo, que trataba de asimilar certos puntos de reciprocid­ade universal que se daban na literatura de contenda, como el lle chamaba. Envieille varios libros, sobre esta tendencia, de varios escritores galegos. Congratulá­ndose co acerto con que eses escritores encararon a realidade da loita social e nacionalis­ta de Galiza.

Foise o poeta, o contista, o home de Estado. En calquera parte o encontrare­mos dialogando con nos mesmos, nesa obra tan inmensa estará a falar. Talvez, no “Mestre Tamoda”, na “Bola com feitiço” e nas “Vozes da Zanzala (Kahitu)”. Será Kahitu quen nos fale da súa parálise: “Era paralítico. Desde a nascença nunca icou de pé”. Kahitu é o gran protagonis­ta deste romance, de connotació­ns orais que toma corpo partindo das realidades deprimente­s dos habitantes das zanzalas ( aldeas), personi icando neste persoeiro os estremos existencia­is de Angola na época colonial. O rapaz loita pola súa superviven­cia indo á escola e mais á forxa do ferreiro: “Antes da Escola, durante muitos anos, Kahitu frequentar­a, como lugar de passatempo, a o icina [ ferrería] de um velho ferreiro que fazia facas, machados, catanas, agulhas para fazer cestos e balaios, arpões, chuços, enxadas e mais outros artigos”.

Esta historia novelada leva as datas de súa creación, “Tarrafal, Chão Bom, Cabo Verde -17-7 a 10-10-69”. Foi o tempo que lle levou escribir esa enorme testemuña a Uanhenga Xitu, o home do pobo que tivo un enterro de Estado. O preclaro escritor que a todos nos visita e nos proclama na palabra kimbunda e da lusofonía.

Newspapers in Portuguese

Newspapers from Angola