La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Lo mejor del teatro aficionado late en el corazón de Vedra

A Asociación Papaventos vén de pechar unha nova edición da súa mostra de teatro amador

-

[TAMARA MONTERO] No corazón mesmo de Vedra bule o teatro. Faino todo o ano, pero especialme­nte cando a primavera agroma e o aire recende. Aí é cando a Teatrofili­a aparece. Leva abrollando xa 16 edicións —a derradeira acaba de rematar— como un xeito de dinamizar o circuíto do teatro amador.

Este ano foron quince compañías as que recuncaron na mostra de Vedra, «que quere combinar o teatro local, o da comarca, co de Galicia» e que se estende ao longo de catro fins de semana nas que ás veces se fan sesións dobres. Explícao Sonia Balado, presidenta da Asociación Cultural Papaventos, na que está tamén Andaravía Teatro. Esta edición que vén de rematar houbo 15 sesións en trece días e tivo como sesión dobre, por exemplo, a tarde infantil, «un imprenscin­dible no que os actores son as pequenas e os pequenos» das agrupación­s teatrais da zona. Teatrofili­a ten o seu público. «Hai xente que non se perde ningunha, hai xente que vai selecciona­ndo cando pode ou cando lle vai gustar máis» e os que van só de cando en vez. Este ano achegárons­e ao escenario vedrés uns 500 espectador­es e na edición anterior, a media foi dun cento de espectador­es por día.

«A nosa mostra tamén serve de encontro con outros grupos e experienci­as». Programar é a chave para o circuíto, para poder facer intercambi­os. Todo «grazas a que temos un local, que che permite estar máis dinámico e poderte mover». De feito, este ano houbo compañías de Italia e Portugal.

Andaravía, nestes tempos está máis centrada en crear canteira, en atraer máis adultos e tamén rapazada a través de cursos de iniciación. Houbo épocas de máis dispersión (a vida) pero a diferenza de idade dos participan­tes mantivo o proxecto estable. Hai quen se afasta para logo volver. A súa última montaxe foi a adaptación de Moito barullo e poucas carolas de Shakespear­e autodirixi­da. Toda unha nova experienci­a.

 ?? [RUNI RAMOS] ?? Andaravía estreou no 2018 «Moito barullo e poucas carolas», adaptación autodirixi­da
[RUNI RAMOS] Andaravía estreou no 2018 «Moito barullo e poucas carolas», adaptación autodirixi­da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain