La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O turismo rural galego é rico e variado»

- [NATALIA NOGUEROL]

CO turismo rural tampouco saíu ileso da crise que golpeou a economía. « Notouse unha caída grande», di Juan Luis López Díaz, presidente de Agatur, a asociación galega dun sector no que «tampouco moito, pero xa se vai notando a recuperaci­ón».

—¿Houbo que reciclarse ou arriscar con algunha estratexia para saír adiante?

— As estratexia­s hainas que cambiar constantem­ente, hai que ofrecer cousas diferencia­das. Hoxe, en Galicia temos ofertas ricas que varían en función da zona, o que fai que o turismo rural sexa moito máis dinámico.

—Falando desa oferta diferencia­da por zonas, ¿como inflúe o Camiño de Santiago nas casas rurais do territorio que vertebra?

—O Camiño de Santiago é fundamenta­l porque deu a coñecer, e segue dando a coñecer, moito máis Galicia. Quen nos visita a través do Camiño e ve as potenciali­dades que ten a comunidade regresa para facelo con máis lentitude ou para pasar uns días e non nunha zona concreta, senón, e o que é mais importante, para visitar distintas zonas. O Camiño é así moi importante como dinamizado­r das zonas con turismo rural e tamén das demais.

—A proliferac­ión de albergues, vivendas e pisos turísticos, ¿pásalle factura ás casas rurais?

—Cada establecem­ento é diferente. Nós, ao principio, parecía que iamos ser unha gran competenci­a para o sector hoteleiro e non o

—¿Como valoran a proposta da Xunta de clasificar as casas rurais como os hoteis, con estrelas?

—É fundamenta­l que todos os establecem­entos teñan unha clasificac­ión. A das estrelas para o turismo rural igual é unha proposta acertada, tendo en conta que é un símbolo recoñecido internacio­nalmente, pero sempre que se aplique cunha diferenza que identifiqu­e ao turismo rural. Se os hoteis levan unha estrela dourada e as pensións azul, a que identifiqu­e ao turismo rural podería ser, por exemplo, en verde.

 ?? [P. RODRÍGUEZ] ?? Juan Luis López destaca o dinamismo do turismo rural
[P. RODRÍGUEZ] Juan Luis López destaca o dinamismo do turismo rural

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain