La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Felices 40 anos da asociación de Ordoeste

O presidente, Manuel García, e o vogal Ceferino Almozara levan na directiva veciñal dende o inicio

- [EMILIO FORJÁN]

O Concello da Baña fixo entrega dunha placa co escudo municipal a cada un dos membros da xunta directiva da Asociación de Veciños Camiño Real, da parroquia de Ordoeste, co gallo do corenta aniversari­o da entidade, xunto cunha reproducci­ón en bronce da casa consistori­al ao presidente, Manuel Gómez García, que leva na directiva dende que se constituíu a entidade. Mención especial para Amalia López, a primeira directiva da asociación, e tamén para o extesourei­ro Ángel Manteiga, quen faleceu o pasado ano. Ao acto asistiu o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, e maila concelleir­a de Educación e Servizos Sociais, Alicia Blanco Sande.

A Asociación de veciños Camiño Real de Ordoeste constituíu­se o 10 de abril de 1978 nunha reunión celebrada no teleclub parroquial, na que se nomeou presidente da xunta directiva a Herminio Brenlla Canelas e na que figuraban como vogais Manuel Gómez García (da aldea de Cruceiro), Ceferino Almozara (do Couto), e Ángel Manteiga (Cotovades). Catro décadas despois, Manuel Gómez é o presidente da asociación e Ceferino Almoraza continúa como vogal.

Unha obra de teatro e a proxección dun vídeo conmemorat­ivo, editado cunha achega económica da Deputación da Coruña, completaro­n a xornada. No vídeo aparecen Manuel García, Alicia Blanco (actual secretaria da asociación), Manuel Blanco (tesoureiro) e Ceferino Almozara, quenes recordaron como se constituíu Camiño Real e os fitos máis importante­s que acadaron nestas catro décadas en defensa dos intereses dos veciños de Ordoeste. A construció­n da área recreativa e do parque infantil para os pequenos, ou as melloras na escola, a que lle botaron o tellado e a placa, son algúns destes logros. A actual directiva da asociación Camiño Real aproveitou a ocasión para facer un chamamento á mocidade da parroquia para que se implique e se anime a participar na directiva.

 ??  ?? O Concello da Baña fixo un acto de recoñeceme­nto á Asociación de Veciños Camiño Real, de Ordoeste
O Concello da Baña fixo un acto de recoñeceme­nto á Asociación de Veciños Camiño Real, de Ordoeste

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain