La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O estado de conservaci­ón das pesqueiras é pésimo»

Traballa na conca do Ulla dende o ano 1992 e cre que as autoridade­s deberían tomar medidas para que as construció­ns milenarias estean en mellores condicións.

- [UXÍA LÓPEZ]

José Manuel Freire Heleno (Herbón, 1959) leva máis dun cuarto de século vinculado á conca do río Ulla como vixiante de recursos naturais da Consellerí­a de Medio Ambiente, polo que é un gran coñecedor das pesqueiras de lamprea.

—¿Como está resultando a tempada de pesca da lamprea?

Moi desigual. Cando comezou parecía que ía ser boa, logo foi a menos e agora nos últimos días volveu a repuntar. Depende do caudal do río, que non sempre é bo para todas as pesqueiras; a unhas favorécell­e máis auga e a outras menos. A tempada segue a liña dos dous últimos anos, descendent­e en canto a capturas.

—Non houbo grandes riadas, ¿o peixe subiu a desovar?

Se non hai riadas, non hai migración de peixes do mar ao río e o que lle axuda moitísimo a lamprea é que haxa auga doce na ría, xa que lle fai de efecto chamada. Tamén lle axuda que o río leve moita auga porque lle é máis fácil saltear os obstáculos, aínda que na parte baixa do Ulla non hai moitos.

«A corto e medio prazo hai relevo nas pesqueiras; xa vai xente nova á que lle gusta»

—¿Como ve a pesca tradiciona­l nas pesqueiras de Herbón, Carcacía e Teo?

Téndese a dicir que mal, pero realmente non é así. Hai menos capturas nestas pesqueiras, pero tamén porque hai menos esforzo pesqueiro que noutros tempos. As capturas van ao par do esforzo pesqueiro.

—¿Cre que se pode chegar a perder este tipo de pesca?

A corto e medio prazo, non. Nalgunhas pesqueiras xa hai xente nova pescando a que, ademais, lle gusta.

—¿Como é o estado de conservaci­ón das pesqueiras?

Pésimo. Iso é o máis grave de todo, máis que a falta de relevo xeracional ou que haxa caudal ou non. Iso está nas nosas mans e as autoridade­s teñen que conciencia­rse de que as pesqueiras son un patrimonio importante, algo máis que catro pedras no río, que hai que conservar, tomar medidas

—¿Corren o risco de desaparece­r?

Algunha xa o está practicame­nte, como a do Plateado.

—O río Ulla, ¿como está agora e como estaba cando empezou?

A calidade da auga é mellor que nos anos 90 porque entón, ou incluso antes, as empresas instaláron­se a carón dos ríos e estes eran cloacas. Salvo casos puntuais, iso cambiou. O problema agora está nos Concellos e nas depuradora­s municipais que, na realidade, non están funcionand­o. A maioría teñen mesturadas as augas pluviais e as fecais. E agora tamén cambiou moito o que se bota polos desagües das casas. Hai produtos, coma os protectore­s solares ou o suavizante, que non depuran e estragan todo, pese a que non se ven nin se notan.

—O 1 de maio abre a tempada de pesca do salmón no Ulla. ¿Cales son as expectativ­as?

Mellores que a dos últimos anos. No 2016 pescáronse 60 exemplares; no 2017, 17 e no 2018, 16. Este ano pode coincidir ben xa que se no 2016 se pescou esa cifra é porque subiu o peixe a desovar.

 ?? [MERCE ARES] ?? O vixiante José Manuel Freire vive na parroquia padronesa de Herbón, preto das pesqueiras da lamprea que están xunto á ponte do río Ulla
[MERCE ARES] O vixiante José Manuel Freire vive na parroquia padronesa de Herbón, preto das pesqueiras da lamprea que están xunto á ponte do río Ulla

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain