La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Padrón estrena una ruta que recorre los espacios de Rosalía

- [U. LÓPEZ]

A Fundación Rosalía de Castro ofrece unha nova ruta rosaliana por Padrón, guiada polo especialis­ta na autora e en Historia da Arte, ademais de escritor, Manuel Lorenzo Baleirón. Esa ruta percorre os seguintes lugares: estatua de Rosalía, casa na Rúa do Sol, cemiterio de Adina, Casa Grande da Arretén, Casa-Museo de Rosalía e Torres de Hermida (esta última opcional).

Trátase dun percorrido de tres quilómetro­s e tres horas de duración, destinado a grupos de 20 persoas como mínimo e cun custe de tres euros cada unha. A fundación con sede en A Matanza editou un folleto explicativ­o da ruta no que fala de que «aínda que sabemos que escoller un itinerario é dalgún xeito elixir entre as teselas dun mosaico, iluminar algunhas para deixar na penumbra outras, tamén é certo que o esencial de Rosalía transcorre­u arredor dese triángulo máxico de nomes que deixou nun dos poemas dos adeuses: « Padrón...!, Padrón...! Santa María de Lestrove, Adiós! Adiós! ».

O Instituto de Educación Secundaria Eduardo Pondal de Ponteceso estreou a primeiros de maio esa ruta, que ten a Padrón no centro. Así, arranca na estatua de Rosalía de Castro situada no Paseo do Espolón, monumento inaugurado na Pascua do ano 1957 e sufragado polos galegos da emigración que tantas veces axudaron a escritora, segundo recolle o folleto.

Do Espolón o peregrino rosaliano diríxese a antiga Rúa do Sol, actual Rodríguez do Padrón, onde a escritora pasou a etapa máis decisiva da súa infancia, dos 4 ata os 10 anos. De alí a Iria-Flavia, ao cemiterio de Adina, que aparece nun dos poemas de Rosalía de Castro e onde estaban enterrados os seus avós e tamén seu pai. Alí foi enterrada a propia escritora, ao día seguinte do seu pasamento o 15 de xullo de 1885. Case seis anos despois, os seus restos foron trasladado­s ao Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.

De Iria, a ruta continúa na casa grande de Arretén, na que viviron dende tempos inmemoriai­s os antepasado­s de Rosalía. E de alí a Casa-Museo de A Matanza, máis coñecida xa como a Casa de Rosalía, a que a súa familia se trasladou a vivir no ano 1883.

O percorrido é para facer a pe aínda que tamén cabe a posibilida­de de ir en autobús (a estrea foi neste medio pola choiva) e mesmo de amplialo cunha visita as Torres de Hermida, en Lestrove, co que duraría arredor de 45 minutos máis. De acordo co folleto, Rosalía pasou alí algúns dos días máis felices, segundo deixou constancia nalgúns poemas.

 ??  ??
 ?? [FOTOS: M. ARES] ?? O IES Eduardo Pondal de Ponteceso estreou a ruta
[FOTOS: M. ARES] O IES Eduardo Pondal de Ponteceso estreou a ruta
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain