La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O Teatro do Porviso pecha etapa

A marcha da profesora Loly Santos do CPI de Rois deixa o grupo latente tras a estrea con éxito de sete musicais

- [UXÍA LÓPEZ]

O grupo de Teatro do Porviso do Centro Público Integrado (CPI) de Os Dices, no concello de Rois, pecha unha etapa coa marcha do colexio da súa principal impulsora nos últimos anos, a profesora de Música Loly Santos, que conta coa axuda da súa filla Ariadna Álvarez. Pecha etapa tras interpreta­r con moito éxito sete obras musicais, todas en galego e catro delas con guión e coreografí­a da propias profesoras. «A experienci­a é moi boa; montar un musical dá moito traballo a nós e aos alumnos, pero o crecemento persoal para eles é importante: maduran, melloran as relacións cos compañeiro­s e desenrolan capacidade­s que, en moitos casos, non sabían que tiñan, sobre todo a hora de cantar e bailar», explica a profesora. «Nestes anos descubrimo­s grandes voces», engade, aínda que tamén di que outras «xa viñan da casa».

Ela marcha pero di que o grupo queda no colexio, «latente ata que alguén recolla a testemuña». Loly Santos ten claro que quere continuar co actividade no seu novo destino no IES de Brión porque, sinala, «o teatro é para min moi importante».

 ?? [MERCE ARES] ?? Polo grupo de teatro pasaron nos últimos anos unha media de trinta alumnos por curso
[MERCE ARES] Polo grupo de teatro pasaron nos últimos anos unha media de trinta alumnos por curso

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain