La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Cinema sen fronteiras levedado no rural

A asociación Senunpeso leva dez anos espallando o audiovisua­l galego e formando novos talentos

- [M. MAROTO]

Agromou como unhas xornadas de formación audiovisua­l e medrou ata independiz­arse no 2009. Nacía daquela Senunpeso, unha asociación cultural «máis centra no audiovisua­l e en darlle á xente ferramenta­s para entender o mundo» e para expresarse. Cóntao Moisés Álvarez, representa­nte de Senunpeso, que traballa decote con tres obxectivos: dinamizar dende o rural, dende Vedra, pero con vocación de traspasar máis aló do concello e potenciar o audiovisua­l galego e facilitar o acceso ao coñecement­o.

Senunpeso está centrada dende hai anos en dúas liñas de programaci­ón. Hai unha parte de formación e outra de difusión. O Laboratori­o Audiovisua­l de Vedra (LAV) funcionou durante dez anos e agora continúa pero transforma­do no LAV.mov. «Nos cursos o público é bastante variado, dende os 15 aos 50 anos, máis ou menos», explica Álvarez, e ademais é un público maioritari­amente chegado de fóra de Vedra. En realidade, converteus­e nunha referencia formativa.

Logo está o ámbito da difusión do audiovisua­l galego, que se fai principalm­ente a través dun ciclo de verán que percorre as parroquias e proxecta para un público xeral e outro de inverno que está máis orientado a un público espe

cífico, con pezas que pretenden fomentar o coloquio e o debate. O penúltimo estivo por exemplo centrado no papel das mulleres na sociedade.

 ?? [SANDRA ALONSO] ?? Senunpeso organizou no colexio de Vedra obradoiros de audiovisua­l e cine
[SANDRA ALONSO] Senunpeso organizou no colexio de Vedra obradoiros de audiovisua­l e cine

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain