La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Manuel Soto Campeón de culturismo

O veciño de Rois converteu unha afección nunha forma de vida e agora rexenta un ximnasio en Padrón e dúas tendas de suplementa­ción deportiva

- [UXÍA LÓPEZ]

«Este deporte é moi sacrificad­o polo entreno e a dieta que hai que facer»

Manuel Soto Miguéns ( Buxán, Rois, 1981) é un nome coñecido no mundo do culturismo. Bicampión de España no anos 2010 e 2012; subcampión no 2015; campión galego en 2006 e 2009; campión do norte de España neste último ano e finalista en 2012 da competició­n internacio­nal Arnold Clasic. Son algúns dos títulos deste deportista que rexenta un ximnasio en Padrón, experto en nutrición deportiva, adestrador nacional de fitness e xuíz da Federación Galega de Fisiocultu­rismo e Fitness que, ademais, se prepara para selo a nivel nacional. Empezou a competir no ano 2004 e ten pensado seguir facéndoo.

—¿Como empezou?

—Con 17 anos xa ía adestrar na moto a un ximnasio de Padrón, que acabei collendo eu. Alí vin o cartel dun campionato de culturismo en Narón e fun a velo cun veciño, Suso. Entón xa pensei que para o ano seguinte quería ir eu. Fun a informarme a Santiago a tenda de nutrición de Santi Carro e empecei a prepararme. O primeiro campionato foi no Barco de Valdeorras e foi moi especial porque era a primeira vez que te vías coa tintura e con ese aspecto físico. No ano 2009 xa abrín unha tenda de suplementa­ción deportiva en Bertamirán­s e en decembro de 2016 o ximnasio Champions Gym aquí onde está en Padrón.

«Agora preciso descansar; é necesario tras moitos anos de competició­n»

—¿É moi sacrificad­o?

—Si o é. Ten en conta que antes de ir a unha competició­n, de 27 a 30 semanas antes, hai que facer dieta e adestramen­to de luns a domingo. O que máis estresa é a dieta: hai que comer todo pesado e medido. E andas máis cansado, estresado, mentalment­e é duro porque con dieta os problemas fanse máis problemas.

—¿É san?

—O deporte de competició­n non é ningún e menos cando o levas ao extremo. Pero, se non compites, claro que o é. Fas as túas comidas sans e variadas ao día e vida normal.

—Tralos títulos, ¿a que aspira?

—Por agora a descansar un rato, son moitos anos competindo e mentalment­e é necesario. Adestro igual todos os días pero non cun obxectivo. Teño pensado volver a competir, pero non me marco unha data. O certo é que despois de tanto competir non me apetece manter o sacrificio que esixe.

—¿Hai moita afección na zona?

—Cando empecei eu non había ninguén a competir. A raíz de empezar eu, empezaron outros. Agora si que hai, compiten, deixan, e volven. Hai máis afección na zona pero tamén en Galicia.

—¿Que lle diría aos que non ven este deporte con bos ollos?

—Que non opinen do que non coñezan. É certo que hai xente altiva e prepotente, que se relaciona so entre eles, pero non se poden asociar casos puntuais con todo o resto. Recibimos críticas por tomar suplementa­ción deportiva pero, en cambio, socialment­e está ben visto tomar cervexas ou o outras copas con alcol e fumar.

—Ten un fillo, ¿gustaríall­e que seguise os seus pasos?

—Vai facer 15 anos e é decisión del. Leva vindo comigo dende que naceu. Sempre me acompañou aos campionato­s e agora mesmo é el o que me bota a tintura. Grazas a isto viaxou moito e coñece España e parte de Francia e Italia.

 ?? [MERCE ARES] ?? Manuel Soto rexenta o ximnasio Champions de Padrón e unha tenda de suplementa­ción deportiva no núcleo de Bertamirán­s, en Ames
[MERCE ARES] Manuel Soto rexenta o ximnasio Champions de Padrón e unha tenda de suplementa­ción deportiva no núcleo de Bertamirán­s, en Ames

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain