La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A orixe está no 2003, cunha media de 30 alumnos por ano

-

A orixe do grupo de teatro remóntase ao 2003, da man do seu creador, o profesor de Lingua Galega do CPI de Rois Luís Aldegunde. Loli Santos fíxose cargo del no 2012 e, dende entón, por el pasaron unha media de 30 alumnos de Educación Secundaria por representa­ción que foron, por esta orde: Romeo e Xulieta, Grease, Chicago, Mimadriña, Rosalía non é tan triste, A Taberna do Chato e Azucre. Esta última é a deste ano, que estrearon no Teatro Principal de Santiago. Detrás desta actividade hai moitas horas de traballo e ensaio, case sempre fóra do horario lectivo, como nas vacacións, polo que Loly Santos quere destacar o «nivel de compromiso moi grande dos rapaces, pero tamén das familias».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain