La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Negreira vive o verán con máis de 30 citas musicais e lúdicas

Os festivais Nicrarock e Noite Folk suben o listón con atractivos carteis

- [E. FORJÁN]

O Verán Cultural 2019 mantén máis de trinta citas musicais, deportivas, lúdicas e de lecer, que tratarán de encher o tempo de ocio de veciños e visitantes entre os meses de xullo e setembro en Negreira, cunha oferta que ano tras ano esperta maior interese e unha participac­ión activa da veciñanza. Catro son as principais citas do Verán Cultural: O espectácul­o Son galego, son cubano, de Roi Casal, o sábado 13 de xullo no marco das festas de San Cristovo; o festival Nicrarock, cos mellores grupos do panorama galego como Sés ou Nao (premio ao mellor grupo rock 2019 nos Premios da Música Galega Martín Codax), a noite do venres 19 de xullo; os concertos da Noite Folk (17 de agosto), coas actuacións de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, Leilía e a xira do seu 30 aniversari­o, e A Roda, na área recreativa do Refuxio de Covas; e como colofón, a XIII Feira do Románico, a celebrarse do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro, e que incluirá espectácul­os de lume e malabares ou concertos ao vivo.

Ademais destas actuacións tamén podemos destacar no mes de xullo as actuacións de Cultura a pé de rúa, ou a undécima proba da Liga Autonómica de Agility, así como a excursión ao Aquapark de Cerceda o día 17. No mes de agosto terán lugar os campamento­s de verán no albergue de Penedos de Xacinto, no concello de Entrimo (Ourense), e a Gala de Maxia, o venres 30. No mes de setembro compre salientar o festival de bandas de música coa presenza da Banda Eduardo Pondal de As Pontes, a Banda de Música de Chantada e a Banda Ateneo de Negreira.

E non podían faltar nestes tres meses estivais as actividade­s deportivas. O segundo Open de Tenis, o torneo de baloncesto escolar de Santa Margarida ou, o Día da bicicleta, son os tres pratos fortes deste programa que ademais contará con dúas rutas de sendeirism­o.

 ?? [M. MÍGUEZ] ?? Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán na Noite Folk de Negreira, ademais de Leilía e A Roda
[M. MÍGUEZ] Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán na Noite Folk de Negreira, ademais de Leilía e A Roda

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain