La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Festa Rachada da Baña alcanza este ano a súa maioría de idade

- [EMILIO FORJÁN]

«Este ano cumprimos a maioría de idade, algo que significa moito para nós, pois demostra a consolidac­ión desta festa e facémolo coa mesma forza e ganas que na primeira edición». Quen así se expresa é Emilio Lois, a alma máter da Festa Rachada que cada primeiro sábado do mes de xullo se celebra na área recreativa Agra de Chans, en San Vicenzo da Baña, e que o vindeiro 6 de xullo alcanza a súa edición número dezaoito.

Dende as 13.00 horas comezará unha cita que sempre arrinca coas bailas, nas que, coma sempre, estarán As Chispas de Compostela, un grupo que —di Emilio— «leva máis de dez anos colaborand­o con nós. A continuaci­ón actuará a charanga Os Centenario­s, que conta con vellos compoñente­s doutras formacións como Os Breas de Esteiro ou Os Portelas de Moares e que conservan o son das antigas charangas tradiciona­is».

Despois do xantar campestre, onde cadaquén leva o seu, haberá un campionato de xogos tradiciona­is. E sobre as seis da tarde comeza de novo a música da man dos Fondãos do Pífaro, grupo de percusión portuguesa, inspirado nas formacións da zona do Fundão, en Portugal. E, un ano máis, volven Armadanzas de Laraño, grupo de baile «imprescind­ible» nesta festa e que vén de acadar un primeiro premio no concurso de baile Azaloira. «Só eles xunto coas súas familias, xuntan máis de cen persoas nunha soa merenda», subraia Lois. E estará tamén Cé, a orquestra Pantasma

que, como noutras edicións «pon a brincar a pequenos e maiores».

A medida que vaia avanzando a tarde do sábado 6 de xullo, irá aumentando o ritmo, pois agarda a quenda do cuarteto Picuíña, dende Marín, que —afirma Emilio Lois— «é un dos poucos cuartetos en Galicia cunha longa traxectori­a e que ten acadado diversos premios en importante­s concursos de gaiteiros».

E outros vellos coñecidos son Tanto nos Ten, de Redondela, quenes presentará­n o seu novo disco, Cortando fíos. E para rematar as actuacións chega A Requinta da Laxeira, un dos grupos que máis festas ten percorrido en Galicia, «mostrando que a música tradiciona­l non é algo para minorías». E despois chegará a foliada que se prolongará ata ben entrada a noite, porque a Festa Rachada non remata coas actuacións do programa. Segue despois dun día en que haberá xantar campestre, xogos populares e ata hai posibilida­de de durmir na zona de acampada.

 ?? [FORXÁN] ?? A Festa Rachada celébrase en Agra de Chans, en San Vicenzo
[FORXÁN] A Festa Rachada celébrase en Agra de Chans, en San Vicenzo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain