La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Herba Grileira, dez anos de latexo musical

A escola de baile e música tradiciona­is de Melide ten 134 alumnos con idades de 5 a máis de 70 anos

- [NATALIA NOGUEROL]

Melide non se entende sen música. Ten fondas raíces no seu pasado, latexa con forza no presente e ten todos os visos de non perder ese ritmo no futuro. Desa arraigada tradición musical naceu no 2009 a escola de baile e música galegas Herba Grileira, que conmemora este ano un aniversari­o «especial porque aínda que dez anos non son moitos, conseguir manter unha asociación tan activa durante tanto tempo é motivo de celebració­n», di Iván Gómez. El é o presidente da asociación que, tres anos despois de que vise a luz a escola, houbo que constituír para darlle soporte ás medras.

Hoxe, Herba Grileira «está no seu mellor momento, tanto polo número de alumnos e polo número de socios, como polas actividade­s que facemos», afirma. E aporta cifras. O colectivo asocia a 122 persoas e de 134 é o numero de alumnos da escola, na que catro mestres imparten as disciplina­s de gaita, canto e pandeireta, baile, percusión e acordeón. En Melide «hai canteira», afirma, logo desa exposición, Iván Gómez, quen, de feito, subliña que «nós destacamos polo elevado número de nenos que hai na escola, tal e como pode comprobars­e en calquera actuación». Pero, «ademais de xente que practique, precisamos xente que dinamice como fan os profesores de Herba Grileira, e iso non sabemos si está garantido», advirte.

Dende logo que na escola de baile e música tradiciona­is, con alumnos dende os 5 anos ata máis de 70, poñen todo da súa parte. Para mostra, a gala de fin de curso que celebraron a pasada fin de semana e na que seguiron ao pé da letra a súa filosofía de que «a música e o baile tradiciona­is sempre foron compartido­s coa xente». Foi así como sacaron á rúa as exhibición­s do que aprenderon ao longo do curso, e o percorrido musical que o alumnado e os mestres fixeron pola vila con paradas para actuar en oito prazas emblemátic­as converteus­e «nunha festa popular aberta a todos os veciños», afirma o presidente da Asociación Cultural e Musical Herba Grileira.

 ?? [NOGUEROL] ?? A gala de fin de curso de Herba Grileira celebrouse, no décimo aniversari­o da escola, na rúa
[NOGUEROL] A gala de fin de curso de Herba Grileira celebrouse, no décimo aniversari­o da escola, na rúa
 ??  ?? «Temos boas expectativ­as e proxectos para o futuro», afirma o presidente da asociación que sostén a escola de baile e música tradiciona­is Herba Grileira. Iván Gómez conta que a directiva ten en mente, entre outras iniciativa­s, ampliar as disciplina­s cara a instrument­os minoritari­os, formar un coro tradiciona­l e ter un local de ensaio propio.
«Temos boas expectativ­as e proxectos para o futuro», afirma o presidente da asociación que sostén a escola de baile e música tradiciona­is Herba Grileira. Iván Gómez conta que a directiva ten en mente, entre outras iniciativa­s, ampliar as disciplina­s cara a instrument­os minoritari­os, formar un coro tradiciona­l e ter un local de ensaio propio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain