La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«A Denominaci­ón deulle futuro ao pemento de Herbón»

Fervente defensora do auténtico produto, a presidenta do Consello Regulador da DOP anima a máis produtores a sumarse á etiqueta da máxima calidade.

- [UXÍA LÓPEZ]

Milagros González Refojo (Lestrobe, 1960), non é natural de Herbón pero, despois de media vida coma pementeira, leva o cultivo no corazón, tanto que sempre se refire ao produto coma «o noso pemento». Dende hai dous anos, preside o Consello Regulador da Denominaci­ón de Orixe Protexida (DOP) Pemento de Herbón, que cumpre unha década.

—Que valoración fai destes dous anos de mandato?

—Seguimos coa traxectori­a iniciada cando botou a andar a denominaci­ón. Eu xa fun vocal durante oito anos e é continuar co traballo de difusión e promoción do noso pemento.

—E como pementeira?

—Os comezos foron difíciles. Había que volver a empezar cun pemento ao que antes se lle chamaba pemento de Padrón e empezar a chamarlle de Herbón e houbo que cambiar moitas mentalidad­es. Foi un traballo duro, pero se boto a vista atrás teño claro que había que facelo e non hai pesar ningún; démolo feito porque a denominaci­ón era a única maneira de darlle futuro ao noso pemento. Se non se fixera a DOP, tería pouco futuro.

—Cre que o nome «Pemento de Herbón» xa está consolidad­o?

—Penso que agora si. Empezamos a notar que a xente demanda pemento con DOP, de Herbón, e iso que so levamos dez anos. Aínda así, hai quen lle segue chamando pemento de Padrón e lle tes que recalcar que é de Herbón. Pero penso que estamos no bo camiño.

—Un dos retos que se marcou foi integrar a máis produtores na denominaci­ón. Logrouno?

—Iso está parado totalmente. A xente é reacia a querer entrar, non sei se por falta de interese ou porque están cómodos como están, vendendo os seus pementos fóra da Denominaci­ón sen que ninguén os controle e sen custos adicionais.

—Segue con ese obxectivo?

—Si. Eu o que quero é que este cultivo non morra, que teña longo percorrido e futuro e cantos máis esteamos dentro da DOP máis seremos para apoiarnos e defendelo. As portas da DOP están abertas para quen queira entrar.

—A Denominaci­ón confirmous­e como a mellor defensa para o auténtico pemento de Herbón?

—Por supostísim­o. Imaxina a cantidade de pemento que entra de fóra e todo co nome de Padrón. Comíannos se non chegamos a facer a DOP.

—A etiqueta da máxima calidade, axudou a darlle maior difusión?

—Moito. Coa DOP, os envasadore­s crearon páxinas web, establecer­on a venta on line de modo que o produto pode chegar a calquera sitio, incluso ao estranxeir­o. A Denominaci­ón abriu o mercado e mesmo modernizou o cultivo, de modo que é un gran escaparate para o noso pemento.

—¿Como ve o relevo xeneracion­al?

—Falo con moita xente da agricultur­a e da gandería e está moi difícil en tódolos sectores. Pero aínda hai esperanza de que algúns mozos se decidan. O exemplo é a sociedade a que pertenzo e na que, cando algún socio se xubila, sempre aparece alguén que o releve, polo que eu teño fe de que así sexa e haxa relevo.

«Os comezos foron difíciles porque houbo que cambiar moitas ideas»

«A DOP é un gran escaparate para o noso pemento e axudou a modernizar o cultivo»

 ?? [MERCE ARES] ?? Milagros González Refojo leva máis de trinta anos como pementeira e é unha firme defensora da denominaci­ón de orixe
[MERCE ARES] Milagros González Refojo leva máis de trinta anos como pementeira e é unha firme defensora da denominaci­ón de orixe

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain