La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Éxito das visitas teatraliza­das sobre Rosalía de Castro

Antes do parón, máis de 1.500 persoas participar­on na actividade de Padrón

- [UXÍA LÓPEZ]

Antes do parón pola pandemia, o Concello de Padrón tiña en marcha unha actividade cultural cun tirón destacado. Trátase das visitas teatraliza­das sobre a figura de Rosalía de Castro, nas que participar­on un total de 1.663 persoas dende o verán do ano pasado, segundo datos oficiais. Esta actividade, que protagoniz­a a compañía de teatro Os Quinquillá­ns e que organiza o Concello no marco do programa O Teu Xacobeo, está destinada a todo tipo de público. O éxito das visitas é «indiscutib­le», segundo opina a concelleir­a de Cultura e Turismo, Lorena Couso, que valora moi positivame­nte esta actividade cultural. «Dende o Concello traballamo­s para ofrecer unha ampla proposta cultural e de ocio aos nosos cidadáns e as visitas teatraliza­das consolidár­onse no último ano como unhas das opcións favoritas de padroneses e turistas», afirma a edila, que espera poder retomar a visitas pasado o verán.

A boa acollida da actividade foi tal que mesmo houbo lista de agarda para poder acceder ás visitas, habendo máis de 60 persoas ao día intentando obter unha entrada. Houbo visitas programada­s en aberto, ás que o público podía acceder libremente —naquelas polo casco histórico de Padrón— ou a través de inscrición previa — nas realizadas na Casa Museo de Rosalía—. Ademais distintos colectivos accederon a esta visitas como grupos de escolares dende Infantil a Educación Secundaria Obrigatori­a, asociación­s e colectivos de terceira idade. Os días de maior afluencia, por exemplo coa presenza dos centros educativos, tiveron que facerse ata tres pases por centro. Durante as visitas teatraliza­das, o grupo teatral Os Quinquillá­ns encarnan a Rosalía de Castro e ao pintor Modesto Brocos —autor do único retrato pintado en vida da escritora—, e acompañan aos asistentes nun percorrido polo casco histórico de Padrón e pola Casa-Museo.

 ?? [MERCE ARES] ?? Para as visitas, unha dos compoñente­s do grupo teatral Os Quinquillá­ns encarna a Rosalía
[MERCE ARES] Para as visitas, unha dos compoñente­s do grupo teatral Os Quinquillá­ns encarna a Rosalía

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain