La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro quere ampliar a frecuencia da liña interna de autobús

O Concello ten listo para presentar un plan pioneiro de mobilidade sostible

- [UXÍA LÓPEZ]

O Concello de Dodro ten listo o plan de mobilidade sostible encargado polo goberno local nada máis tomar posesión, de modo que espera poñelo en marcha en breve. Segundo explica o alcalde Xabier Castro Tourís, o plan incide no uso de transporte­s alternativ­os ao coche, como pode ser a bicicleta. O Concello tamén trata de mellorar o transporte público no concello, que actualment­e dispón dunha liña interna completame­nte gratuíta para os veciños. Funciona un día á semana (os xoves pola mañá) para comunicar o concello dende o punto de partida (Bustelo) ata o destino (Lestrove). Os usuarios son, na súa maioría, veciños maiores que usan o autobús para ir ao centro médico de Lestrove e a facer compras en Padrón. Por iso, a intención do goberno local é ampliar a frecuencia desta liña interna para dar un maior servizo e apostar por unha mellora da calidade da vida dos veciños.

O alcalde explica que Dodro quere ser «pioneiro» no tema da mobilidade no rural, de forma segura para todos (vehículos, ciclistas e peóns), pero tamén sostible. Todo iso nun municipio que anos atrás tiña, segundo datos recollidos na memoria do plan, unha media de vehículos por habitante superior a da comarca, a da provincia e mesmo a de Galicia, con 2.353 coches fronte aos 2.832 veciños. O plan de mobilidade incide, ademais, na necesidade de actuar nalgunhas zonas como pode ser Lestrove, onde os peóns están en clara inferiorid­ade unha vez que os vehículos se ven obrigados a estacionar nas beirarrúas e arcéns ante a falta doutro espazo. En este punto, o Concello estuda habilitar unha zona de estacionam­ento disuasoria para sacar os coches das beirarrúas e permitir aos peóns andar con seguridade, tendo en conta ademais que é unha zona moi concorrida ao situarse o centro de saúde. De feito, para redactar o plan de mobilidade sostible o Concello fixo unha consulta cidadá para coñecer os problemas e, en Lestrove, un deles é a falla de seguridade viaria.

 ?? [MERCE ARES] ?? A liña de transporte de Dodro recolle aos usuarios xunto á explanada dos institutos de Padrón
[MERCE ARES] A liña de transporte de Dodro recolle aos usuarios xunto á explanada dos institutos de Padrón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain