La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

JESSICA REY

«A enerxía eólica é mala por falta de planificac­ión»

- [EMILIO FORJÁN]

«Hai tecnoloxía para producir enerxía eólica e do sol nas nosas casas, e non se promove »

«Detrás están os mesmos que os do carbón, pero agora con outro recurso»

Colectivos como Salvemos a Comarca de Ordes, na que se integra xente de Ordes, Mesía, Frades, Trazo, Tordoia e Cerceda; a Asociación 3 de Maio, de Santa Cruz de Campolongo, en Negreira; veciños de Ponteceso, Mazaricos e A Baña; a plataforma Salvemos O Iribio; o colectivo Non Máis Eólicos, con integrante­s de Coristanco, Carballo, Santa Comba e Tordoia, así como a asociación de afectados do parque eólico de Outes e Mazaricos, e o colectivo Quixote, de Outes, están unidos cun denominado­r común: o rexeitamen­to dos proxectos eólicos abusivos.

—Como calificarí­a o problema?

—Pois de invisible. Nos venden como moi sostible a enerxía, e o que realmente xera é algo moi distinto: especulaci­ón sobre o noso territorio coa escusa da transición enerxética, pero ao final non é tal.

—Falan de especulaci­ón.

—O que está pasando é que Galicia estase enchendo de proxectos de parques eólicos. Nós consideram­os que a enerxía eólica é boa, pois se consegue dun recurso renovable que temos, como é o vento, pero é mala neste caso porque non existe planificac­ión e estamos falando de parques que van rodear aldeas, a menos de 500 metros das casas, cuns macroeólic­os duns 200 metros de altura.

—Iso significa que a afectación vai ser maior?

—Todos os terreos que están ata dous quilómetro­s de parques van perder valor, e non nolos van retribuír en nada. Afecta a centos e miles de explotació­ns agrícolas e forestais, precisamen­te pola ausencia de planificac­ión e porque, no fondo, é unha cuestión de especulaci­ón. Os promotores de parques son os mesmos que os do carbón, pero agora o recurso é outro, e actúan da mesma maneira, con trámites moi opacos para todas as persoas.

—Tamén hai repotencia­ción de parques. ¿Iso é sostible?

—Se o obxectivo fose ese, o primeiro sería repotencia­r os parques existentes, e apenas está sucedendo. E o segundo sería evitar perder enerxía e optimizar recursos como no transporte, onde se perde moita enerxía. Se facemos que Galicia sexa un territorio de produción de enerxía eólica masivament­e, máis incluso da que necesitamo­s, o que vamos a ter que facer con ela despois é transporta­la fóra, que é onde máis se perde.

—¿Qué plantexame­nto fan ante a exportació­n de enerxía?

—Hai que producila o máis próxima aos centros de consumo e evitar ese malgasto de enerxía. Así non necesitari­amos tantos parques. Outra cousa da que non se fala nada é de que nós mesmos podemos crear a enerxía nas nosas casas. Existe a tecnoloxía para poder aproveitar­nos do vento e o sol.

—Que lles pon máis en alerta?

—Despois de copar moitos montes e algún espazo natural protexido, buscan conquistar cada vez máis territorio, que para eles é o principal valor, pois sen el non poderían facer o seu negocio. Os contratos que están pechando cos donos de fincas son ridículos e moi inxustos, porque hai unha especie de competició­n a ver quen chega antes para facer o seu parque. Agora o problema é que baixan dos montes cara as aldeas, onde están as casas e terreos de labradío. O grave é que a lei que regula isto quedou anticuada, é de hai 20 anos.

 ??  ??
 ?? [XOÁN A. SOLER] ?? Jessica Rey, portavoz da Rede Galega por un Rural Vivo, traballa nunha explotació­n agrogandei­ra da comarca de Ordes
[XOÁN A. SOLER] Jessica Rey, portavoz da Rede Galega por un Rural Vivo, traballa nunha explotació­n agrogandei­ra da comarca de Ordes

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain