La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

ÁREAS FLUVIALES

Espacios paradisíac­os para refrescars­e en el Tambre y Ulla

- [DANIEL BERNARDO, I. C.]

A Praíña da Ponte Vea estivo practicame­nte abandonada ata hai moi poucos anos. Agora, a Asociación Recreativa e Cultural Entre as Pontes quere recuperar o valor natural e turístico que este fermoso e descoñecid­o lugar perdeu trala inacción das institució­ns. Unha das cousas que máis chaman a atención sobre o lugar é a súa ampla extensión. En total, unhas catro hectáreas de media entre o cámping, a praia fluvial e os dous aparcadoir­os gratuítos cos que conta. De feito, só a zona da praia xa cobre 300 metros. Iso, como explica Pedro Casteñeda, presidente da asociación, fai que «o tema do aforo aquí non é moito problema. Temos a capacidade de asumir a todos os visitantes».

Os servizos que ofrece esta área fluvial pasan por un servizo de reserva de cámping, que ten unha capacidade de 300 persoas, unha pista de voleibol que estará rematada esta mesma fin de semana, un amplo céspede coidado con moito mimo e un río de augas cristalina­s de pouca profundida­de. Nin sequera non saber nadar non é escusa para non ir a refrescars­e á Praíña de Ponte Vea, pois a profundida­de máxima non abonda para cubrir a unha persoa de estatura media.

Ademais, Casteñeda conta que «tamén está permitido o acceso dos cans e imos facer unha zona de grelladas adaptadas á normativa para poder usalas no verán». Pero iso non é todo sobre esta paraxe, porque ademais de poder bañarse e tomar o sol —ou mesmo a sombra grazas ás carballeir­as e castiñeiro­s— mentres nos relaxamos co son do Ulla, a ponte medieval fai aínda máis atractiva a paisaxe que rodea esta zona ata agora pouco coñecida. Casteñeda explica que «a ponte medieval é unha das cinco declaradas BIC en Galicia e vaise poñer en marcha un plan de revaloriza­ción e de iluminació­n monumental».

Se nadar, tomar o sol, facer unha grellada ou acampar non é dabondo; a Praíña ofrécelle aínda máis plans para poder pasar un bo día. Tamén se pode camiñar durante varios quilómetro­s polos sendeiros que rodean á área fluvial por Teo e A Estrada, de feito, Casteñeda explica que «polo sendeiro de Teo xa se pode chegar directamen­te á ponte colgante do Xirimbao». Ao presidente de Entre as Pontes tamén lle «sorprende» que a xente de Santiago non veña tanto. «Temos xente de Teo e doutras zonas, pero non da cidade. Esta zona é accesible e está a apenas dez minutos do Restollal». Casteñeda anima aos posibles visitantes a gozar «da enorme riqueza da Praíña. O que hai nesta contorna non é comparable con outras zonas».

 ??  ??
 ??  ??
 ?? [FOTOS: XOÁN A. SOLER] ?? Na imaxe superior, unha parte da zona de acampada habilitada pola Asociación entre As Pontes. Conta cunha área para caravanas e outra para tendas de campaña. Na foto da esquerda, o presidente da asociación, Pedro Casteñeda.
[FOTOS: XOÁN A. SOLER] Na imaxe superior, unha parte da zona de acampada habilitada pola Asociación entre As Pontes. Conta cunha área para caravanas e outra para tendas de campaña. Na foto da esquerda, o presidente da asociación, Pedro Casteñeda.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain