La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

NUEVAS RUTAS

Un recorrido espectacul­ar por la zona alta de Dodro

- [UXÍA LÓPEZ]

O Concello de Dodro inaugurou un novo sendeiro, que leva ao camiñante á aldea de Bustelo, ao Pozo Bastón e ao miradoiro da Muralla. O percorrido a pe súmase a oferta de Sendeiros de Dodro, unhas rutas para descubrir o concello paso a paso. Esta, ademais, ten a peculiarid­ade de que pisa territorio doutro municipio limítrofe, o de Rianxo, en concreto para visitar o pozo Bastón, unha paraxe natural no curso do río Té, que nace entre as rochas do monte da Muralla e que transcorre por terras rianxeiras agás un pequeno treito que discorre por Dodro. No pozo Bastón, o río sorprende cunha pequena fervenza que forma un estanque natural onde chegan a bañarse os mozos.

Na baixada ata o pozo, Dodro tería que mellorar o tramo xa que, a día de hoxe, é un tanto perigosa pola inclinació­n e o camiño e, de feito, o concelleir­o de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente, así o ve e xa fala de colocar unha corda á que poder agarrarse.

Polo demais, esta ruta leva ao camiñante por paraxes naturais de gran beleza, por camiños que, «de non seren polos paseos, estarían pechados», tal e como corrobora Xoán Xosé Vicente e por corredoira­s antigas nas que é posible ver aínda muros de mamposterí­a seca, catalogado­s pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.

A nova ruta ten dúas variantes. A máis curta, de 3,8 quilómetro­s, sae da aldea de Bustelo para coñe

«Hai camiños que estarían pechados se non fose polas persoas que os pisan ao camiñar»

cer a riqueza paisaxísti­ca e patrimonia­l do núcleo de maior altitude do concello e tamén o que máis afastado se atopa. O percorrido é circular polo que parte da aldea e acaba no mesmo lugar, tras visitar o cruceiro de Alfredo, a corredoira tradiciona­l, o pozo Bastón e de volta ao lugar.

O cruceiro de Alfredo atópase no medio da aldea, á beira do antigo Camiño dos Mortos, por onde se levaban as persoas finadas cando o núcleo de Bustelo pertencía ao concello de Rianxo, onde eran enterradas tras cruzar o río do Treito, case a altura do Pozo Bastón. Un ano de moita enchenta non lograron atravesar ese paso e foi cando empezaron a enterrar aos falecidos na parroquia de San Xoán de Laíño, a partir do que Bustelo empezou a formar parte do concello de Dodro.

No mesmo núcleo de poboación e moi próximo ao anterior cruceiro, localízase o de Bustelo do Monte que ten na base un peto cun retablo.

A segunda opción da ruta, de case 12 quilómetro­s, inclúe ademais a subida ao miradoiro da Muralla, tras visitar o Pozo Bastón. Neste caso xa hai un percorrido sinalizado con franxas brancas e amarelas polo PR-G, as siglas en Galicia de sendeiro de pequeno percorrido.

Este tramo require máis esforzo, sobre todo na subida ao miradoiro do monte, habilitado en terreos do concello de Rianxo é que é un auténtico foco de visitas, tanto que as pistas xa están medio desfeitas polo continuo paso dos vehículos. A pe, hai que deixar atrás as aldeas de Campelo e A Varela, onde as vistas cara a ría son xa espectacul­ares e deixan entrever o que espera máis arriba, no miradoiro, no que se pode ver toda a grandeza da Arousa por un lado, a ría de Muros e Noia por outro e mesmo a capital de Galicia por outro extremo.

Arriba, o camiñante seguro que fará un bo descanso porque a subida é bastante dura, un respiro antes de iniciar a baixada cara a aldea de Bustelo, onde remata a ruta. Esta depara espazos únicos, como unha auténtica corredoira tradiciona­l dende o núcleo cara a aldea da Ferrería, situado no Araño, no concello de Rianxo. Tamén cabe a posibilida­de de facer fotos do Pozo Bastón dende o lado de Dodro, das que existen poucas xa que todas as oficiais foron tomadas dende o outro lado do río Té. Por certo, o Pozo Bastón é un lugar escondido no que mesmo se bañan os rapaces xa que o río fai

unha pequena fervenza que forma un estanque natural. O espazo localízase entre os concellos de Dodro e Rianxo e mesmo hai persoas que din que pertence ao primeiro municipio e nalgunhas edicións topográfic­as aparece situado nel. Tras deixar o Pozo Bastón, o camiñante segue a senda PRG15, denominada Subida ao Monte Muralla, cun pico de 679 metros de altura. Aproveitan­do esta ruta, vólvese cara a aldea de Bustelo por outro camiño tradiciona­l.

O Concello inaugurou esta ruta con grande éxito xa que cubriu as 55 prazas ofertadas. En torno a 30 asistentes eran veciños do concello, con gañas de coñecer o seu propio territorio. Con este camiño, Dodro completa unha serie de sendeiros (seis en total), que permiten ao camiñante, sexa veciño ou foráneo, coñecer os espazos físicos máis significat­ivos do municipio e mesmo imaxinario­s, como a aldea de Sernansell­e, que aparece na novela Pensa Nao do escritor e veciño de Dodro Anxo Angueira. Entre as rutas, Os días olvidados, que percorre os lugares nos que viviu o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón.

 ??  ??
 ?? [FOTOS: MERCE ARES] ?? O Pozo Bastón, no río Té, é un dos puntos incluídos na ruta que acaba de estrear Dodro
[FOTOS: MERCE ARES] O Pozo Bastón, no río Té, é un dos puntos incluídos na ruta que acaba de estrear Dodro
 ??  ?? A variante máis longa da ruta leva ata o miradoiro do Monte Muralla, que ofrece unhas vistas impresiona­ntes.
A variante máis longa da ruta leva ata o miradoiro do Monte Muralla, que ofrece unhas vistas impresiona­ntes.
 ??  ??
 ??  ?? A ruta parte da Bustelo e discorre por corredoira­s antigas.
A ruta parte da Bustelo e discorre por corredoira­s antigas.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain