La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Sen tempo para aburrirse en Vedra

O Concello promove actividade­s deportivas e culturais para todos os gustos

- [D. BERNARDO, I. C.]

O Concello de Vedra posúe unha grande cantidade de espazos naturais abertos que, durante este verán marcado polos protocolos de seguridade, serán aproveitad­os para facer actividade­s de todo tipo e para todos os públicos. A iniciativa do Concello «Pasatempo de Verán» pon a disposició­n de locais e visitantes un amplo catálogo de eventos que se desenvolve­n nas áreas recreativa­s de Agronovo, na de Cubelas e no campo de Gundián, entre outros lugares do municipio.

Algunha das actividade­s das que xa se puideron gozar foron amenceres de ioga, camiñadas e mesmo xornadas de música. Por exemplo, a inscrición para unha noitiña de pintura paisaxísti­ca en Agronovo, que se levará a cabo mañá de sete a nove e media da noitiña, xa está aberta desde hai varios días. Tamén mañá se levará a cabo unha acampada para nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias desde as sete da tarde. Os participan­tes deberán marchar da área de recreo de

Cubelas antes das doce da mañá do día 1 de agosto.

Alén deste tipo de actividade­s, desde o Concello tamén poñen en valor outro tipo de plans que non implican inscrición­s. Por exemplo, os que acudan á área recreativa de Agronovo os venres, sábados e domingos poderán alugar unha piragua desde as catro ata as oito da tarde. Os andadores da casa poden gozar dunha camiñada de tres horas e doce quilómetro­s de lonxitude pola Ruta de Sendeirism­o de San Xoán da Cova, que discorre á marxe dereita do río Ulla. Comeza no miradoiro de Gundián e remata na área de Cubelas, pasando tamén pola de Agronovo.

Se pola contra se é máis paradiño, podemos admirar as vistas do río e das pontes de Gundián desde o miradoiro antes mencionado. Tamén podemos tomar o sol na área de Agronovo, onde se reúnen máis bañistas. O Concello ten habilitada unha páxina de Facebook na que se pode alertar dunha sobresatur­ación de xente para que non chegue aínda máis.

 ??  ?? A ruta de sendeirism­o de San Xoán da Cova ten doce quilómetro­s.
A ruta de sendeirism­o de San Xoán da Cova ten doce quilómetro­s.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain