La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O verán en Frades pasa polo gozo das súas paraxes naturais

A zona posúe varios lugares para comer e facer grelladas

- [DANIEL BERNARDO, I. C.]

Frades é un concello situado a poucos quilómetro­s de Ordes e a apenas 30 de Santiago. A súa localizaci­ón en plena natureza ofrece unha grande cantidade de plans ao aire libre, aptos contra o covid. O seu alcalde, Roberto Rey, afirma que «en Frades temos catro áreas recreativa­s que están sendo moi visitadas». Son catro alternativ­as que ofrecen catro experienci­as diferentes.

A Área de Ponte Carballo ten un paseo fluvial, un muíño restaurado que se pode visitar previa autorizaci­ón do Concello e un merendeiro. A área de Pasos ofrece unha praia fluvial, un quiosco —que se encarga de controlar o aforo das mesas ocupadas— e un parque infantil. No caso da área recreativa da Presa, posúe un miradoiro para contemplar as vistas ao encoro, ademais dun espazo de grellas e tamén un merendeiro. Por último, na área da piscina municipal, por onde discorre o río Gaiteiro, pódese dar un longo paseo ou facer unha grellada no seu merendeiro con familia ou amigos. A ocupación de mesas está xestionada polo Concello e hai que reservalas previament­e; agás o explicado na área de Pasos.

Iso non é todo o que Frades nos ofrece. O concello posúe lugares tan emblemátic­os como o Pazo de Galegos, situado en San Martiño, data do século XVII e recibiu a visita da raíña Mariana de Neoburgo en 1690 durante a viaxe previa a contraer matrimonio con Carlos II.

Actualment­e pertence a unha orde relixiosa e non se permiten as visitas ao interior do mesmo. Tamén se poden visitar os arredores do Pazo do Peñasco, que está tamén en mans privadas. Porén, hai monumentos abertos ás visitas. A Igrexa de Gafoi, construída no século II pero cun pórtico barroco de grande beleza merece ser visitada.

Outra das posibilida­des que ofrece a paisaxe deste concello é un percorrido por algunhas das capelas que se encontran por todo o municipio. Cómpre destacar San Nicolao, As Virtudes e San Roque. Os lugares onde se atopan, illados e rodeados de carballeir­as e camposa, permiten facer cómodas paradas para refrescars­e ou mesmo comer relaxadame­nte.

 ?? [X. C.] ?? Vista do entorno da ponte en Ponte Carreira e pazo de Galegos
[X. C.] Vista do entorno da ponte en Ponte Carreira e pazo de Galegos
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain