La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

PIMIENTO DE HERBÓN

La campaña recién concluida dio cantidad y calidad

- [UXÍA LÓPEZ]

Este sábado remata a campaña de produción e venda de pementos de Herbón con Denominaci­ón de Orixe Protexida (DOP), tras seis meses en marcha. Moitos produtores xa arrancaron as plantas, sobre todo nos invernadoi­ros, e non teñen pementos pero aínda hai quen si os ten. Para uns e outros é momento de facer o primeiro balance da tempada, á espera de coñecer máis adiante as cifras oficiais de produción.

A veciña de Herbón de 43 años Milagros Piñeiro, vocal do Consello Regulador da Denominaci­ón de Orixe pola parte dos produtores, fala de que a campaña foi, en xeral, «boa», axudada polo tempo seco e quente do verán. Deste xeito, houbo cantidade de pemento e «de calidade», tal e como sinala Milagros Piñeiro.

«Foi habendo pementos todo o tempo; houbo momentos puntuais nos que non chegaron para cubrir o mercado e outros nos que sobraron», explica a produtora, adscrita á Sociedade Agraria de Transforma­ción A Pementeira. O balance é bo pese a que, recoñece, «puxemos as plantas con medo tal e como estaba todo pero, coa que está caendo, non pensamos de vender tan ben». E iso a pesar de que, segundo di, o sector da hostalería fallou a causa do momento actual, pero as vendas compensáro­nse, en boa medida, coa venta a supermerca­dos e directamen­te ao consumidor, mesmo de modo on line. No caso de A Pementeira, este tipo de venda «vai a máis cada ano», afirma a produtora.

A finais de tempada, a cantidade de produto foi moito menor e, de feito, hai veciños que arrancaron hai tempo as plantas dos invernadoi­ros para dar paso aos cultivos de inverno, como repolo ou coliflor. Neste último mes de produción, «o pemento non está no seu máximo esplendor, pero está bo», explica Milagros Piñeiro.

E mentres uns produtores estaban cos últimos días de recollida, outros xa traballan nos viveiros de plantas da próxima tempada, que botará a andar cos primeiros meses do novo ano.

 ?? [MERCE ARES] ?? Milagros Piñeiro é vocal do Consello Regulador da Denominaci­ón de Orixe Pemento de Herbón
[MERCE ARES] Milagros Piñeiro é vocal do Consello Regulador da Denominaci­ón de Orixe Pemento de Herbón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain