La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

ALBERTO ROMAR

«A estrada de Santa Comba a Santiago, unha débeda histórica»

- [EMILIO FORJÁN]

Alberto Romar chegou este verán á presidenci­a da Asociación de Empresario­s de Santa Comba, entidade cun cuarto de século de vida. Fíxoo canda nove compañeiro­s seus que representa­n a todos os sectores: comercio, industria, hostalaría ou gandaría. Entre os seus retos inmediatos destaca ampliar o parque empresaria­l, e non esquecen a débeda «histórica» da mellora da estrada de Santiago.

—Como está o polígono?

—Pois hai 15 empresas en activo. Moita xente cando vai alí pensa que está baleiro, pero só hai entre dúas e tres parcelas con dereito a compra. O resto están en proxectos de crear naves, por iso temos reunións semanais co Concello para ampliar a superficie.

A mediados de setembro houbo unha reunión co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), e a raíz da mesma estase ideando un plan sectorial para unha posible ampliación en 201.000 metros cadrados, dos que útiles serían 130.000 metros.

«Dende que entramos houbo 31 altas e dúas baixas, e temos 172 asociados» «Cinco empresas interesáro­nse en tres meses por adquirir parcelas»

—E hai demanda?

—Levando tres meses na asociación, viñeron cinco empresas interesada­s por parcelas no polígono. Sendo realistas, agora mesmo o prezo é moi elevado, cando nós cremos que coa ampliación o prezo non debería superar os 50 ou 60 euros metro cadrado. Actualment­e estase vendendo a noventa, o que fai inviable instalarse.

—E a estrada de Santiago?

—A prioridade é agora ampliar o polígono, pero a mellora das comunicaci­óns é unha demanda histórica. Facer dous quilómetro­s para un concello como Santa Comba non é de recibo. Cremos que aínda nos tempos que estamos agora, desde a Xunta teñen que darlle prioridade porque é una débeda histórica que teñen con Santa Comba desde hai un cuarto de século. Pensamos que a Xunta debe centrarse na segunda fase, pero agardemos que non sexa de outros dous quilómetro­s, porque sería un pouco insultante.

—Como foi a acollida dos socios?

—Tivemos unha moi boa acollida, porque desde que entramos déronse 31 altas, e dúas baixas, estas últimas de empresas que non son de Santa Comba. Actualment­e somos 172 socios e a partir de xaneiro faremos unha nova captación co obxectivo de que no mes de abril cheguemos aos douscentos asociados, sendo o máximo histórico nos vintecinco anos da asociación.

—Que cambios inmediatos pensan facer?

—A inicios do próximo ano pensamos pasar todo o tema laboral, de facturació­n e de subvención­s para que o leve una xestoría. Sacarémolo a concurso por dous anos entre as seis xestorías asociadas.

—E haberá eventos?

—Temos en marcha unha campaña de promoción do alto nivel do comercio e maila industria, mediante «spots» en televisión en novembro, en colaboraci­ón co Concello. Ademais, faremos a duodécima ruta das tapas, en dúas fins de semana: do 20 ao 22 e do 27 ao 29 de novembro, con 15 locais, o máximo dos últimos anos, onde cada participan­te que cubra todo o pasaporte terá un agasallo. E faremos tamén o Black Friday con descontos de ata o 70 % en preto de 50 comercios. Toda a informació­n estará na web: www.comerciode­santacomba.com.

 ??  ??
 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Alberto Romar (esquerda), no gastrobar Talladas, de Santa Comba
[PACO RODRÍGUEZ] Alberto Romar (esquerda), no gastrobar Talladas, de Santa Comba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain