La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

As ganas poden máis cá covid en Arzúa e Melide

- [NATALIA NOGUEROL].

«O avó enche o peito cando tocan as catro netas con el», conta Sonia Rodríguez do seu sogro Pepe Vázquez, un gaiteiro autodidact­a do que as súas netas semellan ter herdado un don natural para a música. A máis maior, María, non conta máis de dezaseis anos e xa hai uns cuantos que toca o tradiciona­l instrument­o; como a súa irmá Eva, que, con 12, dálle igualmente xeito á pandeireta. Tamén aprendeu a tocala, moito antes dos 9 anos que ten, a súa prima Alba, a máis pequena da familia, que este curso incorporou o tamboril á súa formación musical. A súa irmá Elia, con 12 anos, tamén toca a gaita como o avó paterno, e aínda que agora aparcou o baile galego, non lle esqueceu sacar o punto tan ben como o seguen a facer as súas primas e a pequena da casa. Non é de estrañar que o día da festa na parroquia de Campos, en Melide, «sempre hai sesión vermú e serán», conta Sonia. É a nai de Alba e de Elia, e tamén sabe tocar a pandeireta e gaita, pero tivo que renunciar a ir ás clases porque non lle chegan as horas do día para facer todo o que ten que sacar adiante. «O antollo máis grande que tiña era toca a gaita, aprendín e ségueme gustando, pero non me queda tempo e prefiro que se sigan formado as nenas», comenta esta melidense.

A escola de música e baile tradiciona­is na que aprendeu é a mesma á que asisten as súas fillas e as súas sobriñas: Herba Grileira, un dos colectivos melidenses que activaron este outono a súa programaci­ón con todos os protocolos de seguridade para evitar contaxios de covid. Os veciños respondero­n máis ca ben. O número de alumnos este curso non deixa lugar a dúbidas. Son uns cento cincuenta. E a explicació­n pode atoparse no que conta Sonia: «Facíallles falta empezar a escola e algo de actividade tamén, porque foron moitos meses na casa, e tiñan ganas de volver estar con outros nenos, e de facer as cousas que lles gustan». As cativas ratifícano cando se lles pregunta ao respecto. Sen saír de Melide, outra das asociación­s que retomaron a súa actividade con forza foi a de mulleres rurais Alecrín. Ten 340 persoas inscritas nun variado programa con ata vinte e cinco disciplina­s.

E no veciño municipio de Arzúa tampouco faltaron ganas para recuperar, na medida do posible tendo en conta a situación sanitaria, as sans rutinas. Cóntano José Manuel Pampín e Andrés Vaamonde, presidente e fundador do Club Deportivo Arzúa, unha entidade que naceu hai aproximada­mente un ano cunha sección de atletismo para, recorda o segundo, «unir á afección que hai, e poder adestrar e competir coa garantía que dá facelo asegurado».

 ?? [FOTOS: PACO RODRÍGUEZ] ?? A música e o baile tradiciona­is espertan o interese de familias enteiras en Melide
[FOTOS: PACO RODRÍGUEZ] A música e o baile tradiciona­is espertan o interese de familias enteiras en Melide

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain