La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A festa de todas as festas é a do Queixo de Arzúa

A cita gastronómi­co-musical obtivo un premio no Iberian Festival Awards

- [NATALIA NOGUEROL]

Foi chegar e bicar o santo. A Festa do Queixo que se celebra en Arzúa a primeira fin de semana de marzo concorreu por vez primeira aos Iberian Festival Awards e resultou galardoada co premio á mellor festa do territorio nacional. Na mesma categoría da quinta edición deses galardóns hispano-lusos, fallados este outubro en Lisboa, a cita gastronómi­co-musical impúxose por riba doutras dezaseis convocator­ias festivas selecciona­das como finalistas, entre as que se atopan propostas das dimensións de «La Tomatina», o Carnaval de Santa

Cruz de Tenerife, ou a Semana Grande de San Sebastián.

Alberto Alfonso, director de Art Music Agency, foi quen presentou a candidatur­a arzuá, representa­da polo festival de música que lle dá identidade, dende as súas orixes hai corenta e cinco anos, á Festa do Queixo, distinguín­doa así no calendario gastronómi­co. Alfonso cualificou de «moi significat­ivo» o premio, xa que supón «o recoñeceme­nto ao traballo que hai detrás dun evento destas caracterís­ticas, no marco duns premios tan relevantes da Península Ibérica, nos que compiten festas que son un referente en España e Portugal». Pon de exemplo o produtor do Festival do Queixo as Festas de São João do Porto, gañadoras absolutas na categoría á que se presentou a cita de Arzúa. Para Alberto Alfonso, o premio supón «un impulso, máis necesario ca nunca pola pandemia, que nos dá máis forza, enerxía e responsabi­lidade de cara a que cada edición supere a anterior». Pola súa banda, o alcalde arzuán, José Luis García

López, valorou o galardón como «un extraordin­ario recoñeceme­nto a un traballo e dedicación impecable de todo un equipo. E por riba de todo, é un recoñeceme­nto do interese e cariño da xente de Arzúa cara a súa prezada festa».

 ?? [S. ALONSO] ?? O grupo compostelá­n Novedades Carminha foi un dos protagonis­tas na última Festa do Queixo
[S. ALONSO] O grupo compostelá­n Novedades Carminha foi un dos protagonis­tas na última Festa do Queixo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain